El Concello de Marín rectifica y abre el XXIII certamen de poesía a partir de 18 años

El Concello de Marín ha dado marcha atrás a la limitación de 35 años para participar en el XXIII Certamen de Poesía. Será a partir de los 18 años sin límite de edad.
26 de marzo de 2026
4 minutos de lectura
Poesía en Marín.

Rectificar es de sabios, así que el Concello de Marín ha dado marcha atrás a la limitación de 35 años para participar en el XXIII Certamen de Poesía. Será a partir de los 18 años y aquí presentamos las bases completas del premio en gallego.

BASES DA CONVOCATORIA XXIII PREMIO DE POESÍA

Dando continuidade á tradición literaria impulsada polo Concello de Marín co galo da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Marín convoca o XXIII PREMIO DE POESÍA

CONCELLO DE MARÍN, coas seguintes:

BASES
Primeira.- Persoas participantes. Poderán concorrer a este certame todas as persoas de calquera nacionalidade, maiores de 18 anos, podendo presentar unicamente un traballo por persoa.

Segunda.- Requisitos e obrigas da obra. Os traballos serán en lingua galega, orixinais e inéditos. Os criterios de valoración que se terán en conta serán a orixinalidade no tratamento da temática e na súa exposición literaria, o emprego dunha linguaxe e estilo ricos, así como o rigor e a calidade da obra. Terán unha extensión mínima de 100 versos e poderán formar parte dun só poema ou de varios, de temática libre e deberán cumprir as seguintes especificacións: folla formato DIN A4, texto a dobre espazo, letra Times New Roman corpo 12 e paxinado. En ningún caso o nome da persoa autora poderá aparecer no texto da obra. A orixinalidade da obra e a súa autoría xustificarase mediante unha declaración responsable, manifestando ser a persoa propietaria de todos os dereitos, tal e como se recolle na disposición quinta destas bases. En consecuencia, o Concello de Marín non se fará responsable das posibles denuncias por plaxio ou eventualidade similar que puideran xurdir, recaendo na persoa participante afectada as accións legais que procedan e asumindo, se é o caso, as indemnizacións que puideran corresponder polos prexuízos ocasionados.

Terceira.- Premio e accésit. O premio será único e indivisible e estará dotado coa contía de 1.000 euros, figurando incluídos nesta cantidade todos os impostos que lle sexan de aplicación e imputándose con cargo á partida correspondente do orzamento municipal deste exercicio. Ademais, poderá haber un accésit para recoñecer un traballo que recolle os méritos suficientes para ser destacado, aínda que non reciba o premio do certame. Estará dotado con 200 euros. A concesión do premio e do accésit non implicará a perda dos dereitos de autoría do traballo premiado. Non obstante, o Concello de Marín resérvase o dereito de publicar total ou
parcialmente o traballo premiado.

Cuarta.- Prazo de presentación. O prazo de presentación dos traballos estará aberto desde o venres, 20 de marzo de 2026 ata o 4 de maio do 2026 ás 14.00 horas.

Quinta.- Formato de presentación das obras. O formato para a presentación das obras seguirá o sistema de plica, polo que será preciso facer un envío con dous sobres pechados diferenciados:

Sobre 1: Obra. Este será o sobre no que se inclúa a obra coa que se concorre, de xeito anónimo, ao certame. A presentación dos traballos farase, preferiblemente, en formato dixital, con tratamento do texto
en Word ou en OpenOffice, por medio dun USB metido nun paquete que incluirá no seu exterior a seguinte identificación: XXIII PREMIO DE POESÍA CONCELLO DE MARÍN, título da obra ou lema e pseudónimo.
No caso de optar pola presentación en papel, presentarase 1 impreso dos orixinal, grampado ou encadernado.
Sobre 2: Datos persoais. O segundo sobre será o relativo aos datos persoais. No exterior figurará o nome da obra e o pseudónimo e deberá conter recheo o Adxunto I, que se poderá descargar xunto ás bases na
sede electrónica e na web municipal do Concello de Marín, e no que se recollerá a seguinte información:
 Copia do DNI
 Enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico
 Breve currículo
 Caixa na que marcar que a persoa declara ser a persoa autora e titular de todos os dereitos e que esta non foi premiada, ata a data da súa presentación, noutro certame ou premio
 Caixa na que marcar o consentimento expreso para o tratamento dos datos persoais que constan na solicitude para a participación no XXIII PREMIO DE POESÍA CONCELLO
DE MARÍN, de conformidade co establecido na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Sexta.- Nomeamento e obrigas do xurado. O xurado estará formado por persoas de relevancia do mundo da cultura e da literatura galegas, con acreditado criterio para a análise e a avaliación dos traballos presentados. As funcións de Secretaría serán exercidas pola directora da Biblioteca Municipal Vidal Pazos. O xurado establecerá de mutuo acordo a data de convocatoria de reunión para as deliberacións e o fallo do premio, celebrándose esta como moi tarde o 13 de maio, xa que o 14 de maio
publicarase o nome da persoa premiada a través de todas as canles de comunicación oficiais do Concello de Marín. As deliberacións serán secretas e delas será redactada a acta correspondente pola secretaria. O
fallo do xurado será inapelable. Se os traballos presentados non reunisen a calidade suficiente, o premio poderá declararse deserto.
Sétima.- Entrega do premio. A entrega do premio realizarase co galo do acto de celebración do Día das Letras Galegas, cuxa data será establecida polo Concello de Marín. A persoa premiada, así como a persoa que reciba
o accésit, comprométense a acudir a esta vila para recoller o premio e ler o traballo.
Novena.- Aceptación íntegra das bases. A participación neste concurso implica a aceptación total destas bases, que serán publicadas e libremente consultables a través da páxina web do Concello de Marín (www.concellodemarin.es), a través das redes sociais, na sede electrónica, no taboleiro de anuncios e nos medios de comunicación.
Décima.- Lei de Protección de Datos. Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable polo Concello de Marín coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas. Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou por obriga legal. As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos a través da sede electrónica do Concello de Marín ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para calquera outra dúbida poderá dirixirse ao seguinte correo electrónico: novastecnoloxias@concellodemarin.es

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss