O B.M. Vidal Pazos de Marín celebra o Día da Biblioteca con 12.230 socios

A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, estivo coa directora da entidade, que no que vai de 2023 creceu en 114 persoas socias, que poden desfrutar das vantaxes de selo en todas as bibliotecas de Galicia.
25 de octubre de 2023
1 minuto lectura
vidal pazos biblioteca

A lectura, os libros, as verbas, a poesía, as historias narradas xeración tras xeración… Todo iso forma parte da nosa existencia e do que somos como persoas e como sociedade. E hai lugares, como as bibliotecas, que son o faro, o custodio dese acervo infinito que nos permite seguir desfrutando e descubrindo.

Onte celébrase o seu día, o Día das Bibliotecas, e a concelleira de Cultura, Marián Sanmartín acudiu á da nosa vila para coñecer de primeira man a evolución da súa traxectoria, entre os últimos lanzamentos de Yolanda Castaño, Berta Dávila ou María Reimóndez, entre outros escritores e escritoras.

114 novos abonados

A día de hoxe, a Biblioteca conta con 12.230 socios, dos cales 131 foron de nova suscripción no 2022 e xa se vai polos 114 novos abonados no que vai de ano. Tal e como explica a responsable da Biblioteca, facerse socio é moi sinxelo, acudindo á calquera das Bibliotecas Públicas de Galicia, xa que o carné é válido en todas elas.

A concelleira remarcou a “importancia que ten ter unha Biblioteca viva” e o bo servizo de préstamo que teñen, “que nos permite estar ao tanto das novidades editoriais, así como ter de man clásicos atemporais que podemos coller, desfrutar e devolver con facilidade”.

Este sábado, ademais, haberá unha actuación de maxia para nenos e nenas con temática de Samaín a partir das 12.00 horas.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss