Nuria Vil, escritora viguesa, faise con este galardón grazas ao seu relato “Unha vida tranquila! Nuria Vilán Prado, máis coñecida como Nuria Vil nos circuitos escénicos, centra o o, eminentemente oral, en levar a poesía máis alá da escrita, cunha vontade multidisciplinar e unha forte vindicación social. Simún (Chan de Pólvora, 2021) é o seu primeiro e único poemario individual publicado.
A súa obra recóllese en numerosas antoloxías e permanece na
oralidade. Vén de estrear Delincuente, unha curtametraxe baseada no seu poema homónimo arredor da historia obreira de Vigo.
Unha vida tranquila
O premio consiste nun cheque de 1.000 euros en metálico, que se lle entregará a Nuria Vilán durante o acto institucional do 17 de maio, que se celebrará ás 13.00h na Praza do Reloxo.
O xurado, que valorou todos aqueles manuscritos cunha secuencia lóxica e
estruturada que permitiu comprobar o cumprimento das bases en canto á
extensión máxima permitida, destacou do relato da autora que conta cunha voz literaria propia, coa que vai transitando por un tema de actualidade, como é a crise da vivenda que atravesa á mocidade, tratándoo dun xeito orixinal, pasando do relato individual ao colectivo. Ademais, destacaron tamén a interesante evolución psicolóxica da protagonista, algo que non é sinxelo de conseguir nun relato curto.
O xurado, composto por Susana Pedreira, Ramón Rozas, Arantza Portabales e Elena Gallego, e contando coa presenza como secretaria da directora da Biblioteca Municipal Vidal Pazos, María Engracia Vicente Izquierdo, reuniuse para fallar este galardón literario, ao que se presentaron 22 manuscritos.