Luís Bará falará este venres en Marín sobre Castelao

Este venres 23 de maio, ás 20:00 horas, Luís Bará, deputado do Parlamento galego, filólogo e divulgador cultural cunha ampla traxectoria na defensa da lingua, da memoria histórica e dos dereitos nacionais de Galicia, impartirá en Marín unha conferencia titulada “Castelao: arte, política e pensamento”.
21 de mayo de 2025
1 minuto lectura
Imaxe de busto de do deputado galego Luís Bará
Luis Bará. Foto: Web Parlamento de Galicia

Esta conferencia enmárcase dentro da programación especial que o BNG está a desenvolver ao longo deste ano con motivo do 75 aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A ponencia impartirase ás 20.00 horas na Casa da Veiguiña (Rúa da Veiguiña nº 7).

Na súa intervención, Bará afondará na actualidade do pensamento de Castelao, abordando a súa obra artística, o seu compromiso político e a súa visión ética e cultural.

Identidade galega

A charla propón unha reflexión aberta sobre a pegada que Castelao deixou na identidade galega e sobre como o seu legado continúa a inspirar xeracións pasadas, presentes e futuras.

Cartel que anuncia a charla de Luís Bará sobre a charla que impartirá na sede do BNG
A charla terá lugar na Casa da Veiguiña (Marín)

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss