Mac Marín incorpórase á marca Rías Baixas Film Fest

Do 18 ao 22 de agosto, ao longo de cinco días, Mac Marín ofrecerá unha programación heteroxénea co proxeccións nocturnas, programadas a partir das 21.00 horas no Finca de Briz, Parque Azul, Auditorio Municipal e Hotel Villa de Marín.
10 de agosto de 2026
1 minuto lectura
O acto contou coa participación do director do festival, Dani Antelo, o xurado desta edición —integrado pola actriz Uxía Blanco, o director Severiano Casalderrey e o escritor Adolfo Caamaño— e a concelleira de Cultura do Concello de Marín, Itziar Álvarez.
O acto contou coa participación do director do festival, Dani Antelo, o xurado desta edición —integrado pola actriz Uxía Blanco, o director Severiano Casalderrey e o escritor Adolfo Caamaño— e a concelleira de Cultura do Concello de Marín, Itziar Álvarez.

A Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín (Mac Marín) presentou a programación da súa quinta edición nun acto celebrado no Museo Manuel Torres, no que tamén se anunciou a súa incorporación á marca Rías Baixas Film Fest, promovida pola Deputación de Pontevedra.

Do 18 ao 22 de agosto, ao longo de cinco días, Mac Marín ofrecerá unha programación heteroxénea co proxeccións nocturnas, programadas a partir das 21.00 horas no Finca de Briz, Parque Azul, Auditorio Municipal e Hotel Villa de Marín, tamén será posible adquirir as entradas directamente na taquilla ata quince minutos antes do inicio de cada sesión.

Longometraxes e documentales

Á selección de longametraxes súmanse tamén o documental Serê Kaniyê, do realizador galego Olmo Couto, e Fomos Ficando Sós, de Adrián Canoura, e Aunque seamos islas, da realizadora asturiana Cristina Ridríguez, ampliando o catálogo da sección Filmes Atlánticos. A programación completarase con charlas de Rogelio Santos Queiruga, Nuska Chousa e Iván Pérez, de Savia Nova.

O delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo presentará o Hub Audiovisual de Vigo e ata catro obras de cineastas da vila formarán parte da programación oficial: as longametraxes As liñas descontinuas, de Anxos Fazáns e Así chegou a noite, de Ángel Santos; as curtas Cousa Mala de Gero Costas e Furancho Bota Viño creada por Elena Gallego e Mayka Braña.

Cinema Xove

Entre outros obxectivos acadados nesta edición destaca o importante crecemento da sección Cinema Xove. A este fito súmase o éxito da sección de Ficción Sonora, que xa se converteu na terceira categoría con maior número de obras inscritas.

O programa completo pódese consultar e descargarse na páxina web www.mac- marin.com. A maior parte das actividades e proxeccións serán de acceso gratuíto. Os pases especiais e determinadas actividades como o obradoiro con Nuska Chousa terán un prezo de entre 5 e 6 euros. As entradas estarán dispoñibles na páxina web do festival a partir deste luns e poderán adquirirse tanto de forma individual como mediante bonos, cun prezo máis vantaxoso.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss