Mañana arranca Mac Marín

MAC MARÍN arranca este martes cunha xornada dedicada á industria audiovisual, ao talento emerxente e ao cinema feito en Marín.
17 de agosto de 2026
1 minuto lectura
Novo Galardón MAC Marín.
Novo Galardón MAC Marín.

A Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín arranca este martes 18 de agosto cunha xornada que converterá o Museo Manuel Torres nun punto de encontro para a industria audiovisual e os novos talentos.

A programación profesional comezará ás 10:30 horas e terá como un dos seus principais protagonistas o Hub Audiovisual de Vigo, presentado por David Regades, delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, entidade que este ano se incorpora como patrocinador oficial do festival. A mañá incluirá tamén a participación do Circuito Internacional de Webseries e do Independent Production Fund (IPF).

Ateneo Santa Cecilia

Pola tarde, o Ateneo Santa Cecilia acollerá desde as 17:00 horas a primeira sesión de webseries. A Selección Oficial do MAC MARÍN puntúa dentro do circuíto internacional de webseries ao que pertence o festival. A continuación chegará Cinema Xove, dedicado a obras realizadas por estudantes de cinema e audiovisual, coa presenza de varios dos seus directores e directoras. A organización anima especialmente o público
marinense a achegarse ao Ateneo e descubrir estas novas voces.

A noite terá selo FEITO EN MARÍN no Auditorio Municipal. Ás 21:00 horas proxectarase Furancho Bota Viño, rodada integramente no Furancho Loi e presentada por Elena Gallego e Mayka Braña xunto a parte do equipo de produción e do elenco.

As Liñas Descontinuas

Despois chegará As Liñas Descontinuas, longametraxe de Anxos Fazáns rodada en boa parte en Seixo e, concretamente, na contorna de Aguete.
Todas as actividades e proxeccións da xornada serán gratuítas e de acceso libre ata completar aforo, agás a sesión nocturna, que terá un prezo de 5 euros para contribuír aos gastos de produción da Asociación Marín de Cine. As entradas poderán adquirirse na billeteira do Auditorio ata cinco minutos antes das 21:00 horas, así como de maneira anticipada a través de Enterticket ou na web www.mac-marin.com.

MAC MARÍN estréase este ano dentro da rede provincial de festivais de cinema Rías Baixas Film Fest, baixo o paraugas da Deputación de Pontevedra.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss