Marín de Cine celebra esta semana dúas sesiones de cine de verán no Multiusos

A entrada será gratuíta e, para crear un ambiente diferente e máis próximo ao espírito do cine de verán, a organización anima ás persoas asistentes a traer a súa propia cadeira de praia para desfrutar comodamente da sesión.
20 de julio de 2026
1 minuto lectura

Marín de Cine celebra esta semana dúas sesións especiais de cine de verán no Multiusos do Mercado Municipal, dentro da programación do campamento audiovisual PEQUE CINE.

A iniciativa ofrecerá unha selección de curtametraxes de animación e imaxe real pensadas para todos os públicos, especialmente para nenas e nenos a partir dos 7 anos.

Martes 21, xoves 23

As proxeccións terán lugar o martes 21 e o xoves 23, ambas ás 21:00 horas. Ademais da programación de curtametraxes, o público poderá descubrir os traballos audiovisuais realizados polas alumnas e alumnos participantes no campamento, resultado das actividades creativas desenvolvidas ao longo das últimas semanas.

A proposta busca achegar o audiovisual aos máis pequenos dunha forma participativa, fomentando a creatividade, a imaxinación e o gusto polo cinema desde idades temperás.

A entrada será gratuíta e, para crear un ambiente diferente e máis próximo ao espírito do cine de verán, a organización anima ás persoas asistentes a traer a súa propia cadeira de praia para desfrutar comodamente da sesión. Unha oportunidade perfecta para compartir unha noite de cinema en familia e celebrar o talento dos máis novos.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss