O artista Jordi Bru inmortaliza a fazaña dos marinenses no Día da Liberación

A Asociación de Veciños do Monte Penizas entregará ao Concello un cadro no que o fotógrafo pamplonés recrea a conquista do Forte de San Fernando polas Alarmas do Morrazo. A obra será presentada o martes 2 de setembro no Museo Torres, acompañada dunha exposición dedicada a outro dos libros de Bru, centrado nos navíos da Armada Española.
27 de agosto de 2025
1 minuto lectura
El pres. de la A.V. Monte Penizas José Iglesias coa concelleira a Itziar Álvarez
El pres. de la A.V. Monte Penizas José Iglesias coa concelleira a Itziar Álvarez

O fotógrafo nado en Pamplona Jordi Bru (1967) está especializado en recreacións históricas a través da técnica do fotorrealismo. Jordi Bru inspirouse na fazaña dos homes e mulleres valentes de Marín que, unidos nas Alarmas do Morrazo, enfrentáronse ás tropas francesas o 4 de abril de 1809, Día da Liberación, para reconquistar a nosa vila.

jordi bru
O artista Jordi Bru

Esta inspiración foi posible grazas á mediación da Asociación de Veciños do Monte Penizas, a través do seu presidente, José Iglesias. A entidade veciñal foi a promotora desta iniciativa, e doará o cadro de Bru ao Concello, nun acto que se celebrará o martes 3 de setembro a partir das 20.00 horas no Museo Torres.

José Iglesias será o encargado de achegar o contexto histórico no acto e despois dará paso a unha intervención do artista, na que explicará con detalle como é o seu proceso de traballo, co que consegue imaxes hiperrealistas que serven de ferramenta gráfica idónea para coñecer máis sobre a nosa historia.

Traxectoria profesional de Jordi Bru

Fotógrafo de profesión, a súa traxectoria artística está centrada na recreación visual de exércitos e batallas históricas. O seu traballo abrangue un amplo percorrido cronolóxico, desde os Tercios españois do século XVI ata a Segunda Guerra Mundial, pasando polas Guerras Napoleónicas, as Carlistas e a Guerra Civil.

Iniciou a súa carreira como reporteiro gráfico no xornal El Mundo, onde desenvolveu a súa labor durante dez anos nas delegacións do País Vasco e Cataluña. En 1993 foi enviado especial ao conflito de Bosnia, unha experiencia que marcaría profundamente a súa visión profesional.

Tras esa etapa, regresou á súa cidade natal, Pamplona, onde comezou a colaborar con publicacións de arquitectura e cultura, ademais de traballar con distintas editoriais do País Vasco e Francia.

O punto de inflexión chegou en 2013, cando asistiu por primeira vez a unha recreación napoleónica. Aquel descubrimento levouno a mergullarse nas recreacións históricas cun enfoque inmersivo: participa activamente como recreador e fotografa as escenas desde o interior, combinando o documentalismo coa investigación rigorosa e a montaxe dixital.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss