O Ateneo Santa Cecilia acolle unha mesa redonda con Bará, González e Sobral con motivo do Ano Castelao

A sede social do Ateneo Santa Cecilia (rúa do Forno nº 42, baixo, Marín) acollerá o vindeiro venres 19 de setembro ás 20:00 horas unha mesa redonda incluída na programación do “Ano Castelao”. Esta iniciativa é coa que a primeira entidade cultural de Marín quere homenaxear a figura do polifacético autor rianxeiro.
19 de septiembre de 2025
1 minuto lectura
castelao
Imagen de Castelao.

O encontro, titulado “Castelao en tres actos: político, escritor e artista”, estará moderado por Xulio Pardellas e contará coa participación de Luis Bará, Anxo González e Antón Sobral. A entrada será libre ata completar aforo.

A mesa redonda pretende ofrecer unha visión ampla de Castelao, analizando as súas múltiples facetas como político, escritor e artista. Trátase de abrir un espazo de reflexión e debate arredor dun dos símbolos máis universais de Galicia, cuxo legado continúa a inspirar tanto no eido cultural como no social.

Bará, González e Sobral analizan a figura de Castelao en distintas facetas

Luis Bará, deputado no Parlamento galego, achegará a perspectiva política e social. Anxo González, filólogo e escritor, centrará a súa intervención na dimensión literaria de Castelao e na importancia da súa obra no desenvolvemento da lingua e da cultura galegas. Pola súa banda, Antón Sobral, pintor e comisario de arte, ofrecerá a mirada artística, relacionando a creación plástica do rianxeiro coas correntes estéticas do seu tempo e coa súa traxectoria persoal.

O Ateneo Santa Cecilia, con esta proposta, consolida o seu papel como referente cultural en Marín, ao tempo que brinda ao público a oportunidade de achegarse á figura de Castelao a través de voces diversas e complementarias. A cita preséntase como unha ocasión privilexiada para reivindicar a actualidade dun creador que marcou a identidade galega co seu compromiso e a súa obra.

Cartaz mesa redonda Castelao

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss