O logro de BNG: a Torre do Reloxo, e a sensatez do consistorio

O grupo municipal do BNG manifesta o seu contento “aínda que a nosa moción non foi aprobada polo grupo do PP, é evidente que querer é poder, e o grupo de goberno buscou fonte de financiamento para a rehabilitación e posta en valor da Torre do Reloxo, que era o obxectivo principal da moción presentada polo BNG”.
25 de enero de 2024
1 minuto lectura
torre do reloj marín

No pleno municipal de xaneiro celebrado o pasado xoves día 11, o BNG trasladou unha moción para propoñer ao goberno municipal a solicitación dunha axuda da Xunta de Galicia a través dunha das convocatorias destinadas a concellos para realizar actuacións dedicadas a eliminar o impacto
paisaxístico de edificios ou dependencias públicas, segundo anuncio do presidente Rueda e de publicación inmediata no presente mes de xaneiro.

A voceira do BNG, Lucía Santos, defendeu que o Concello de Marín debería aproveitar esta liña de axudas a través de dúas propostas. A primeira proposta encamiñada a actuar en edificios ou dependencias municipios consistía en solicitar unha liña de axuda para a limpeza exterior e interior da Torre do Reloxo, así como a revisión de seguridade das escaleiras e substitución da carpintería metálica e da porta lateral de acceso por outra máis acorde á edificación. «Entendíamos que unha axuda de 20.000 euros sumada a aportación municipal do 30%, podería encaixar nestes traballos», dixo.

A segunda proposta solicitaba actuar en bens do patrimonio etnográfico local, conforme a petición veciñais, actuando en melloras de aspecto e conservación mediante a rehabilitación do lavadoiro dos Bravos e da fonte de Coirados. «O goberno do PP non aceptou a proposta, xa que o concelleiro de urbanismo, Manuel Santos Costa, manifestou que a axuda de 20.000 euros sería insuficiente para a rehabilitación na Torre do Reloxo, indicando que esta actuación podería ascender a máis de 50.000 euros polo que a contía da axuda sería insuficiente».

Conselleria de Cultura

, non a través do programa inicialmente anunciado pola Xunta de Galicia, xa que estaba limitado a concellos de menos de 20.000 habitantes segundo a publicación no Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro, pero si a través dun programa de axudas da Consellaría de Cultura e, contra a previsión do concelleiro de urbanismo, a obra non chegará os 28.000 euros, en liña polo previsto polo grupo municipal do BNG.

Así mesmo, Lucía Santos traslada o seu convencemento de que o PP buscará financiamento para a posta en valor do Lavadoiro dos Bravos e a fonte de Coirados, xa que estas son actuacións necesarias polo estado que amosan e, ademais, son propostas da veciñanza do lugar, preocupados pola rehabilitación
destes bens patrimoniais.

O grupo municipal do BNG manifesta o seu contento aínda que a súa moción non foi aprobada polo grupo do PP, mais é evidente que querer é poder, e o grupo de goberno buscou fonte de financiamento para a rehabilitación e posta en valor da Torre do Reloxo, que era o obxectivo principal da moción
presentada polo BNG.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss