Que leu a mocidade de Marín?

En Marín, o consumo de literatura xuvenil e infantil destaca por unha oferta rica e variada, que responde aos gustos e intereses da mocidade local. As librarías rexistran unha alta demanda de obras que combinan aventura, fantasía, humor e reflexión sobre temas de crecemento persoal, reforzando así o pracer pola lectura desde idades temperás.
28 de julio de 2025
1 minuto lectura
Andeis de literatura infantil e xuvenial
Os andeis de xuvenil sempre con novidades

Na vila de Marín, a oferta literaria para o público xuvenil e infantil reflicte unha gran diversidade de temas e estilos, desde aventuras e fantasía ata historias que tratan cuestións sociais ou emocionais. Estes libros, recomendados para idades que van dos 10 aos 16 anos, amosan como a lectura segue sendo unha ferramenta vital para o crecemento persoal e o entretemento.

Interés pola reflexión emocional

Entre as lecturas máis populares para lectores/as marinenses de 12 a 16 anos destacaou “Invisible” (Planeta) de Eloy Moreno, unha novela que aborda a dificultade de sentirse invisible na sociedade e a importancia da autoestima. Outra obra que captou a atención é “Por si un día volvemos” (Planeta) de María Dueñas, ideal para lectores máis maduros (14-16 anos), que narra unha historia de amor e segredos en contextos históricos.

As persoas amantes da fantasía e a ciencia ficción de Marín, decidíronse por “Empireo – Alas de Onix” (Montena) de Rebecca Yarros, dirixida a adolescentes de 14 anos en diante, mestura acción e romance nun mundo imaxinario cheo de desafíos.

Pola súa banda, “Policán” (SM) de Dav Pilkey, unha serie que vai desde os 8 ata os 12 anos, tamén tivo éxito baixando o rango de idade para os preadolescentes, tal vez porque combina humor e aventuras para cativar aos lectores/as máis novos/as, ofrecendo unha opción perfecta para a introdución á lectura.

Literatura en lingua galega para a xente máis nova

“Adeline” (Galaxia) de María Solar ou “Cando sangren os lobos” (Xerais) de Adrián Gómez, recomendados para un público duns 13-16 anos foron as obras escollidas pola xente nova de Marín cando tiveron que ler en lingua galega. Estas obras non só fomentan o uso da lingua galega, senón que tamén abordan temáticas relevantes para os mozos e mozasdestas idades, como son a identidade e os conflitos internos.

No catálogo xuvenil de Marín atopamos tamén “Aprender a leer en la escuela de monstruos” (Anaya) de Sally Rippin, unha serie que xoga co humor e a imaxinación, perfecta para preadolescentes de entre 7 e 10 anos. alguns/unhas deles/as iniciándose na lectura autónoma.

A xuventude interésase polas edicións de sagas de ficción

En definitiva, a diversidade dos libros dispoñibles na vila permite que cada lector/a atope unha historia acorde á súa idade e intereses, mentres que a presenza de obras en galego fortalece a cultura e a lingua local. Está claro que ler, en Marín é un pracer que segue medrando grazas a variada oferta no mercado da lectura.

*Datos recopilados en Espazo Lector Nobel de Marín

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss