Teatro: Marín acolle a obra ‘Listo para sentenza’ este venres na Museo Torres

A Asociación Cultural Almuinha ten o pracer de anunciar a estrea da obra teatral Listo para sentenza, que terá lugar este venres 20 de xuño ás 20h no Museo Manuel Torres de Marín. A entrada será de balde ata completar aforo.
19 de junio de 2025
2 minutos de lectura

Dirixida por Omar Ferrín e escrita por Sergio Macías, esta comedia sarcástica conta cun elenco formado por Aarón Franco, Elena Lameiro, Antía Rey, Carmen Xestido e Víctor Casal, integrantes do grupo teatral da Asociación Cultural Almuinha. Trátase dun proxecto que xorde do esforzo colectivo e a paixón polo teatro, despois de meses de intenso traballo
e ensaios.

A posta en escena de ‘Listo para sentenza’ representa un fito para a vida cultural de Marín, tristemente afastada da programación teatral nos últimos anos. Desde Almuinha sinalan que “é unha alegría e un motivo de orgullo poder achegar á veciñanza unha obra de teatro feita na casa, coa ilusión de devolver o teatro á axenda cultural da vila, que tanto o precisa,
fronte a unha programación triste por parte de que si ten a concellería de cultura baixo control.”

Listo para sentenza é unha sátira contemporánea sobre o poder, a impunidade e os secretos do capital. A obra sitúase nun futuro próximo, onde Mariano Soutelo, un símbolo do éxito empresarial, é considerado un dos homes máis ricos do planeta. Soutelo fundou un imperio a que lle
permitiu erguer un conglomerado empresarial sen precedentes en Europa.
Porén, tras o asasinato dun empregado nunha das súas gasoliñeiras, o seu nome comeza a vincularse con diversos escándalos de corrupción, sen que ata o momento tivera que responder ante a xustiza.

‘Listo para sentenza’ presenta con humor corrosivo a caída (ou non) do mito, e a pregunta fundamental que a obra lanza ao público é directa: quen é realmente Mariano Soutelo? A peza non pretende ser un relato histórico, senón unha comedia sarcástica sobre o poder, a impunidade e os mecanismos que sustentan certas verdades públicas, construídas,
destruídas e reconstruídas ao gusto das elites. Un espello grotesco, pero verosímil, que nos interpela como sociedade.

O director: Omar Ferrín

Omar Ferrín é un actor, director e docente galego cunha sólida formación académica e experiencia práctica no ámbito do teatro e os medios audiovisuais. Licenciado en Interpretación Textual pola ESAD de Galicia, é especialista en Commedia dell’arte, mimo, clown e improvisación.
Participou en compañías como Galeatro e Ningures, onde traballou en montaxes e improvisación e espectáculos circenses Recibiu o Premio FETEGA ao mellor espectáculo por “Impronews” dirixida por el mesmo .
Recentemente codirixiu a obra “Saxo tenor” dentro da Universidade de Vigo xunto con Salvador del Río, integrándose en proxectos culturais com é a MITEU .

Omar Ferrín é unha figura polifacética no panorama galego, coa mirada posta na experimentación teatral, a docencia, e a creación escénica con forte pegada comunitaria.

A Asociación Cultural Almuinha convida a toda a cidadanía de Marín e arredores a gozar deste espectáculo teatral feito con compromiso, creatividade e sentido crítico. O acto de abrir un espazo escénico nun museo, símbolo da cultura local, tamén é unha aposta pola democratización dos espazos municipais, da arte e a recuperación do teatro como
ferramenta de reflexión colectiva. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss