A iniciativa, seleccionada entre máis dunha ducia de propostas culturais e sociais de todo o Estado, destacou polo seu enfoque integrador entre tradición e futuro, apostando pola recuperación dos oficios artesanais como motor de desenvolvemento cultural, económico e territorial.
Revitalizar os oficios
O proxecto premiado ten como obxectivo a posta en marcha do Centro Cultural Artesanía do Pasatempo, situado no barrio dos Muiños de Mondoñedo. A iniciativa prevé converter ese espazo nun punto de encontro para a formación, a creación artística e a divulgación dos oficios tradicionais.

O centro, que se atopa en fase de rehabilitación, albergará no futuro talleres formativos, residencias artísticas, actividades educativas e proxectos de creación contemporánea arredor de disciplinas como a cerámica, a forxa, o gravado, a fotografía ou a xoiaría.
Compromiso co rural
Mentres se avanza na recuperación do edificio principal, parte das accións xa se desenvolven no Alfar Os Muiños, onde se imparten cursos e se producen pezas artesás, xerando vínculos entre a comunidade local e a creación artística.
O xurado valorou especialmente a dimensión pedagóxica da proposta, a súa aposta pola innovación sen perder a raíz artesanal, e o compromiso coa revitalización do medio rural galego como espazo viable para o emprendemento cultural.

A entrega do galardón tivo lugar o sábado 28 de xuño no Hotel Cardenal de Monforte de Lemos, coa presenza de representantes da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Ministerio de Cultura. O premio foi entregado pola tenente de alcaldesa de Monforte, Gloria Prada.
Ambos impulsan a creación da cooperativa Esquina Atlántica Sociedade Cooperativa Galega, coa que prevén desenvolver este centro e outros proxectos relacionados coa artesanía contemporánea e a cultura do feito a man.