120.000 euros para Emprego (PIE)

O Programa Integrado de Emprego é posible grazas á subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que achega un total de 120.365,80 euros, completando.
6 de febrero de 2026
1 minuto lectura
Programa Integral de Empleo.
Programa Integral de Empleo.

O Programa Integrado de Emprego é posible grazas á subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que achega un total de 120.365,80 euros, completando o Concello o financiamento co 20 % restante con fondos propios.

Desde o Goberno local destácase que o Concello continúa apostando decididamente pola promoción económica e pola inclusión laboral e social, dando continuidade ao traballo realizado en edicións anteriores.

Dúas persoas técnicas

O Concello seleccionou para o desenvolvemento deste programa que se vén a dúas persoas técnicas de Orientación Laboral, que serán as encargadas de xestionar o PIE e de acompañar ás persoas participantes co obxectivo de mellorar as súas oportunidades de inserción no mercado laboral.

A concelleira Beatriz Rodríguez dirixouse ás 100 persoas que serán beneficiarias desta edición, desexándolles que a fomración sexa proveitosa e que acaden a través deste PIE un contrato laboral que lles permita insertarse no mercado de traballo e iniciar unha nova fase. Tal e como explicaron os orientadores, cada persoa participante contará cun itinerario persoalizado de inserción, adaptado á súa formación, experiencia profesional, aptitudes, inquedanzas e obxectivos profesionais.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss