Estrela de Marín prepara agora a súa próxima gran acción de dinamización, a campaña extraordinaria “Que é un comercio”. Será unha iniciativa cun importante compoñente educativo e emocional, na que Estrelín volverá ter un papel protagonista e coa que o CCA buscará achegar especialmente ás novas xeracións o significado, os valores e a importancia que ten o comercio local para a vida dunha vila.


Os 17.500 euros da campaña ‘Volta ao Cole’ permitiron a progresiva consolidación da App como ferramenta de fidelización e de conexión entre os establecementos e a súa clientela. Ademais fíxose tamén entrega, do premio do “Escaparate Dixital Estrela”, que tiña un valor de 378,68€ e a gañadora valorou en 350€.

A vertente de dinamización de rúa deixou tamén unha importante resposta
de público. Centenares de nenos e nenas participaron na Festa da
Volta ao Cole, celebrada na Alameda Rosalía de Castro, desfrutando do
photocall con Estrelín, rocódromo, inchables, obradoiros, ludoteca,
pintacaras e xogos tradicionais.
A programación culminou no Parque Eguren coa Festa Holi, que puxo o
broche final a unha xornada especialmente orientada ás familias e na que a
participación estivo vinculada ás compras realizadas nos establecementos
asociados.
Desde Estrela de Marín destacan que os resultados reforzan a aposta por
un modelo no que promoción comercial, tecnoloxía e actividades de
rúa funcionen de maneira coordinada, xerando movemento no centro
urbano ao mesmo tempo que se incentiva o consumo de proximidade.