Aberta a licitación do alumeado de Nadal cun orzamento de 108.900 euros

O Concello de Marín ten aberta a licitación da subministración e instalación do alumeado de Nadal de 2026, cun orzamento base de 108.900 euros, IVE incluído, financiado integramente con fondos municipais.
5 de octubre de 2026
1 minuto lectura
Navidad Marín. Farola. Puerta de la Escuela Naval.
La Fuente de Agua iluminada en la Farola. Foto: LdelaRúa.

Esta contratación permitirá preparar a iluminación e a decoración dos principais espazos públicos e rúas da vila para as festas de final de ano. O alumeado constitúe un dos elementos máis recoñecibles do Nadal e contribúe a crear un ambiente acolledor, atraer visitantes e favorecer a actividade do comercio e da hostalaría locais.

O contrato abrangue o alugueiro, a instalación, o mantemento e a desmontaxe das luminarias e dos elementos ornamentais, incluídos os seus soportes e ancoraxes. Tamén contempla as autorizacións, inspeccións e demais actuacións necesarias para a súa posta en funcionamento.

Mercado de Seixo (Marín)
Mercado de Seixo (Marín)

A iluminación e o reforzo decorativo dos espazos públicos forman parte da preparación destas datas, nas que as rúas se converten en lugares de encontro, paseo e celebración para a veciñanza e para quen visita Marín. Tal e como xa se fixo o ano pasado, tratarse de chegar ao maior número de puntos do municipio, reforzando a iluminación con estacións decorativas en lugares clave como a Alameda, o Parque Eguren ou as igrexas de todas as parroquias, entre outros lugares.

Na programación

En paralelo á contratación do alumeado, o Concello está xa en pleno proceso de traballo para preparar unha programación á altura das festas, que complete a decoración e ofreza motivos para desfrutar de Marín durante as últimas celebracións do ano. A planificación anticipada permite coordinar os distintos elementos que conformarán a campaña de Nadal, desde a ambientación dos espazos públicos ata as actividades que se darán a coñecer unha vez estean pechadas.

Propostas

As empresas interesadas deberán presentar as súas propostas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, onde poderán consultar os pregos e a documentación do expediente.

A resolución establece un prazo de 26 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio de licitación para presentar ofertas. O contrato terá unha uración de dous meses. A documentación pode consultarse no perfil de contratante do Concello de Marín en contrataciondelestado.es.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss