Aberto o prazo para solicitar a bonificación para o pago do IBI

Esta bonificación, que se aplica sobre a cota íntegra, forma parte da política fiscal do Goberno local desde o ano 2020. O ano pasado tramitáronse 118 solicitudes, 36 máis ca no ano anterior.
26 de enero de 2026
1 minuto lectura
Teniente Alcalde, Manuel Santos, Alcaldesa de Marín, María Ramallo y Marián Sanmartin, concejala de Cultura y Fiestas, presiden el Pleno Extraordinario.
Teniente Alcalde, Manuel Santos, Alcaldesa de Marín, María Ramallo y Marián Sanmartin, concejala de Cultura y Fiestas, presidiendo un Pleno en el Concello de Marín.

O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, lembrou esta mañá que desde comezos de ano permanece aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40 % no Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) destinada ás familias numerosas, unha medida habilitada polo Concello de Marín a través do departamento de Tesourería.

Esta bonificación, que se aplica sobre a cota íntegra do imposto, forma parte da política fiscal do Goberno local desde o ano 2020. Segundo destacou Santos, trátase dunha medida “esencial para apoiar ás familias de Marín que máis o precisan, tendo en conta os elevados gastos que asumen, especialmente nun contexto económico tan delicado como o actual”.

Durante o ano 2025 tramitáronse un total de 118 solicitudes, o que supón 36 máis ca no exercicio anterior, un incremento que desde o Concello se interpreta como reflexo da utilidade desta medida de apoio fiscal.

Concello de Marín. 10-10-2025
Concello de Marín. Foto: JLG Portela

Ata o 30 de abril

As familias interesadas poden solicitar a bonificación ata o 30 de abril, achegando o título acreditativo de familia numerosa vixente no exercicio actual, así como a referencia do inmoble sobre o que se aplicará a redución do 40 % no pagamento do IBI. A documentación pode presentarse tanto a través do Rexistro do Concello como da sede electrónica municipal.

Deja un comentario

Don't Miss