O importe total da obra será de case 50.000 euros (IVE incluído),
con cargo a unha subvención da Xunta de Galicia. O proxecto está deseñado para garantir que a vía manteña a súa funcionalidade e
capacidade de acceso tanto para os vehículos agrícolas como para os residentes e visitantes do núcleo de Pastoriza. A vía, que conecta este núcleo coa estrada autonómica PO-313, é fundamental para o desenvolvemento económico da zona, sendo a única alternativa de acceso.
Calzada de cinco metros
Rehabilitarase o firme da vía e aproveitaranse determinados sobreanchos para acadar unha calzada mínima de 5 metros de anchura, cunha pavimentación de 5,20 metros, que se ampliará a 6 metros nas curvas máis conflictivas. Esta ampliación facilitará o cruce de dous vehículos e mellorará a visibilidade, aumentando así a seguridade viaria na zona.
Un dos puntos chave desta intervención será a mellora do drenaxe da vía, que contribuirá a un desaugue máis eficaz das augas pluviais. A apertura de cunetas, a pavimentación de certos tramos e a instalación de drenaxes serán elementos esenciais para preservar o firme da calzada, alongando a súa vida útil e evitando a contaminación do solo e das augas subterráneas.