Arrancan as obras para rehabilitar o acceso a Arealonga, cunha inversión de máis de 46.000€

A empresa Tuatean iniciou esta semana os traballos, que se financian co Plan Camiña Rural da Xunta e que permitirá mellorar íntegramente.
2 de noviembre de 2026
1 minuto lectura

Dentro das prioridades do Concello, está a mellora integral da estrada que dá acceso a Arealonga, na parroquia de San Xulián, onde a empresa Tuatean, adxudicataria das obras, acaba de empezar cos traballos.

Levarase a cabo a rehabilitación e ampliación do firme e a mellora do drenaxe da plataforma da vía, que ata agora está afectada por infiltracións tanto do talud como de escorrentías das parcelas colindantes, o que foi deteriorando cada vez
máis a estrutura. Renovaranse todas as capas de rodadura e trataranse de aproveitar ao máximo os sobrenachos.

Ademais, renovarase tamén a sinalización horizontal mediante o pintado de marcas de seguridade e a sinalización vertical. Búscase tamén que esta vía, agora infrautilizada pola seu mal estado, sexa unha alternativa segura e funcional para o acceso ao núcleo de Arealonga desde a Variante VG 4.4 e desde a estrada EP-0019 Figueirido-Marín.

Esta actuación supón unha inversión de 46.246 euros, con cargo ao Plan Camiña Rural da Xunta de Galicia.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss