Case 400.000€ de fondos para a rehabilitación da nova pista deportiva e Rúa Aniñada

A empresa Caldevergazo presentou a oferta máis vantaxosa para os dous proxectos con cargo ao Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.
28 de septiembre de 2026
1 minuto lectura
Las populares canchas deportivas tendrán una renovación integral.

A empresa Caldevergazo presentou a oferta máis vantaxosa nas dúas Mesas de Contratación para avaliar as ofertas e propoñer adxudicar dous proxectos con cargo ao Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra: a
Renovación integral en Aniñada, unha inversión de case 170.000€ e 227.000€ para unha nova pista multideporte na Praza de España.

A renovación integral da Rúa Aniñada contempla a continuación da
Rúa da Costa ata o Cruceiro do Vento, nun tramo moi solicitado pola cidadanía debido ao mal estado actual do firme e das redes de servizos.
Trátase dun acceso fundamental para a conexión cos centros educativos e dos núcleos de Porteliña, Sete Espadas e Cruceiro do Vento co casco urbano.

A outra actuación ten que ver coa renovación das actuais pistas deportivas anexas á Praza de España e ao Auditorio, que se atopan en moi mal estado. Con esta actuación, preténdese renovar este equipamento tan utilizado, procedendo á súa retirada e á colocación dunha nova pista con mellores calidades e prestacións.

Ademais, formigonarase toda a súa base para poder poñer a nivel o espazo que ocupan os accesos ao Auditorio co entronque co carril bici da Avenida e Ourense e rematar así esta zona urbana. O deseño desta nova pista será acorde coa renovación urbana de todo ese corazón entre a Alameda e a Praza de España e permitirá practicar distintos deportes grupais, como fútbol, baloncesto. Suporá unha inversión de cerca de 227.000€.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss