Cidades en movemento: o IES Luís Seoane coloca o sector eventos no centro do debate

Hoxe o salón de actos do IES Luís Seoane converterase nun punto de encontro para o diálogo profesional ao acoller a mesa redonda «Cidades en movemento». A iniciativa, organizada polo alumnado do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección, reunirá a destacadas figuras do sector dos eventos co obxectivo de reflexionar sobre o seu impacto económico, cultural e social nas cidades, así como reforzar o contacto directo entre estudantado e tecido empresarial.
15 de enero de 2026
1 minuto lectura

O encontro contará coa participación de catro voces de referencia: Vanesa López (Trisquelia Comunicación), Pablo Méndez (Pablo Méndez Performances), Andrés Lamosa (PlayPlan) e Víctor Antón (Gaias Eventos). Todas e todos eles achegarán a súa traxectoria profesional e visión estratéxica dun ámbito que non deixa de medrar e diversificarse.

Vanesa López de Triskelia Comunicación
Vanesa López de Trisquelia Comunicación participa na xornada

Ao longo da sesión analizaranse as múltiples facetas dos eventos contemporáneos: desde festivais, celebracións e propostas culturais que mobilizan miles de persoas, ata feiras sectoriais, congresos e encontros corporativos que reforzan a proxección económica e empresarial das cidades.

Un espazo aberto á comunidade educativa

A actividade coordinada pola profesora Ana Limeses, está dirixida ao alumnado dos distintos ciclos de Formación Profesional do IES Luís Seoane, que terá a oportunidade de interaccionar cos poñentes e coñecer de primeira man os retos actuais do sector. Ademais, o acto poderá seguirse en directo por streaming a través da canle oficial de YouTube do centro, abrindo a participación ao conxunto da comunidade educativa e ao público interesado da man do realizador José Aragunde.

Un momento da edición do curso pasado no IES Luis Seoane

A retransmisión telemática será posible grazas ao labor do técnico de streaming Jose Aragunde e do seu equipo, encargados da realización e difusión do evento.

Colaboración co entorno e aprendizaxe práctica

A mesa redonda conta tamén coa colaboración da empresa local de mobiliario e decoración Qka, que cederá o equipamento necesario para a ambientación do escenario, reforzando a conexión do centro co tecido empresarial da contorna.

Esta actividade enmárcase na liña estratéxica do IES Luís Seoane de promover accións formativas vinculadas á realidade profesional, favorecendo a aprendizaxe baseada na experiencia directa e o contacto con especialistas. «Cidades en movemento» preséntase así como unha oportunidade para poñer en valor o papel dos eventos na transformación urbana e para inspirar ás futuras xeracións de profesionais do sector.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss