Financiación para acondicionar o camiño da Grela, que mellorará o acceso ao Lago Castiñeiras

Trátase dunha vía que carece de firme e que permitirá aliviar os atascos que se forman na zona e mellorar o acceso a un dos mellores enclaves naturais do municipio.
14 de noviembre de 2025
1 minuto lectura
Camiño da Grela.
Camiño da Grela.

Este proxecto permitirá a mellora integral dun dos camiños que conecta os núcleos da Grela e O Igrexario, cunha lonxitude de 150 metros, que neste momento carece de firme e que se atopa nunhas condicións que apenas permiten o seu uso para o tráfico rodado.

Camiño da Grela.

Contémplase o acondicionamento e ensanche da plataforma ata os 5.70 metros, creando tamén unha cuneta de formigón para o drenaxe. A pavimentación do camiño municipal da Grela supoñerá inversión de case 50.000 euros.

Camiño da Grela.

Con esta actuación, mellorarase enormemente a seguridade viaria no acceso ao Lago Castiñeiras, un dos entornos naturais máis importantes do municipio, habilitando unha subida alternativa á existente, que non permite o paso de dous vehículos en direccións contrarias con facilidade. Tamén se resolverán os problemas de “tapón” de tráfico que ás veces se producen no núcleo, sobre todo cando pasan camións de maior tamaño.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss