Marín en rede acaba 2023 con 63 novas altas

A concelleira de Comercio, Cristina Acuña, presentou onte o informe de resultados do portal municipal e das redes sociais durante o 2023, onde se destaca un gran alcance das publicacións e vídeos nos que se promocionan os comercios e locais de hostalaría da vila.
27 de enero de 2024
1 minuto lectura
marín en rede

Marín en Rede naceu en plena pandemia para axudar á visibilización da economía local, para servir de rede e sustento das campañas que se impulsen a través do Concello e para poder axudar á dixitalización dos negocios da nosa vila. Polas métricas tanto da web como das redes sociais de Marín en Rede, neste momento hai 264 fichas de negocio multimedia activas, nas que se poden consultar todos os datos do comercio ou local e ver un vídeo promocional dos mesmos.

Nas redes sociais, o crecemento tamén é plausible. Neste momento, o perfil de Marín en Rede en Facebook conta con 2.028 seguidores e con 1.428 no caso de Instagram. A gran maioría deles proceden de Marín e de Pontevedra, aínda que tamén seguen as publicacións e promocións comerciais persoas de Vigo, bueu, Cangas, Moaña, Poio e Sanxenxo.

264 comercios

Nas 108 publicacións que se realizaron, 41 delas son reels ou vídeos cortos de promoción dos negocios “que sabemos que funcionan estupendamente, porque nos axudan a poñerlle cara ás persoas que rexentan os negocios e nos permite achegarnos a todo o que ofrecen de forma atractiva e amable”.

A día de hoxe “o comercio local e toda a nosa economía local segue tendo retos importantes nos que temos que axudar e Marín en Rede está demostrando ser unha boa ferramenta para iso”, explicou a concelleira, que fixo balance do 2023.

Tal e como se pode ler no informe facilitado “Este aumento destaca a solidez e a atracción de Marín en Rede para as empresas locais, cunha ampliación constante do seu directoriuio, que mellora as experiencias dos usuarios e contribúe ao desenvolvemento económico local”, expresou a concelleira.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss