Marín premiará as compras no comercio local polo Día da Nai

Volve a campaña de tarxetas regalo para incentivar as compras de proximidade polo Día da Nai. Unha iniciativa que combina promoción comercial e visibilidade dixital a través de Marín en Rede, co obxectivo de reforzar o consumo local e apoiar ao tecido económico da vila.
27 de enero de 2026
1 minuto lectura

O Concello de Marín volverá poñer en marcha a campaña de sorteo de tarxetas regalo polo Día da Nai, dirixida a premiar á clientela que aposta polo comercio local nas compras previas a esta celebración.

A iniciativa, que xa tivo boa acollida en edicións anteriores, busca incentivar o consumo na vila e recompensar ás persoas consumidoras cun agasallo que só pode gastarse en establecementos comerciais e hostaleiros de Marín, reforzando así a economía local.

Marín en rede

Desde a Administración local destacan a boa acollida destas campañas, tanto por parte dos comercios como da cidadanía, ao fomentar as compras de proximidade e garantir que o investimento quede no tecido económico do municipio. As bases de participación daranse a coñecer máis adiante, a medida que se achegue a data de inicio da campaña.

Grabación do vídeo promocional no Mercado de Abastos de Marín.

No marco da promoción do comercio local, a plataforma Marín en Rede incorporou no último trimestre oito novos negocios: a Panadería A Bicha, recentemente aberta na Praza de Abastos; a Administración de Lotería de Jaime Janer; a Libraría Begoña de Seixo; La Semilla; Leti Ferreira; Umami; Los Manjares de Conchita e Electrodomésticos Ogando. Todos eles contan xa cunha ficha propia na web municipal, mellorando a súa visibilidade en internet.

Marín en Rede é o espazo común do comercio local de Marín promovido polo Concello.

Marketing dixital

Un dos eixos principais do traballo da plataforma é o posicionamento SEO, facilitando que os negocios locais aparezan entre os primeiros resultados nas buscas en liña sobre comercios en Marín, con información actualizada sobre horarios, produtos, servizos, prezos e imaxes.

Desde o Concello subliñan a importancia da presenza dixital na actualidade e lembran que este servizo é totalmente gratuíto para os establecementos, actuando como unha auténtica axencia de márketing dixital ao servizo da economía local. Entre as accións con maior impacto destacan os vídeos promocionais, que nos últimos meses acadaron miles de visualizacións nas redes sociais, reforzando a conexión dos comercios coa comunidade.

Sara Martinez

Sara Martinez

✍Directora de Opinión y Política en Diario Marín
🎓 Licenciada en CC de la Información en CEU San Pablo Cardenal Herrera
📰 Periodista en Levante-EMV, 📻 Radio Valencia-SER, 🗞 Agencia EFE
📢 Dircom en el Ayuntamiento de Mislata (📍 Valencia)
👩‍🏫 Profesora de Periodismo en la Escuela Superior de Negocios ESNE Valencia
📱Periodista en el Gabinete de Prensa de la Subdelegación de Gobierno de Pontevedra
Colaboradora de opinión en Galicia 24 horas y Mislata News
💻 Comunicación en redes | 📱 Community Manager
🗣 Educomunicadora en el Colexio de Xornalistas de Galicia
🎙 Podcast Desmontando Bulos en Ocionews Radio
✍ Escritora | Autora de La Rima de tus Huellas 🐾

Deja un comentario

Don't Miss