“Marín é un referente para os armadores de todo o mundo”

Hai dous meses que opera xa no porto de Marín SOGOCO unha nova axencia consignataria con sede en Vigo e nace co obxectivo de ofrecer aos armadores servizos de valor engadido.
2 de mayo de 2025
2 minutos de lectura
Juan Goicoechea e Antón Sobrino, fundadores da empresa SOGOCO dándose a man, sentados e cun fondo de parede de pedra.
Goicoechea e Sobrino de SOGOCO

Nestes tempos que emprender pode supor un risco, os propietarios de SOGOCO afirman non temer ao mercado, dado que a súa traxectoria, familiar e persoal, ainda que por camiños separados, abala o seu saber facer neste sector.

“Nada máis empezar a traballar obtivemos o apoio de toda a nosa clientela, que xa sabe como traballamos e confía plenamente en nós”, afirma Goicochea, que se amosa totalmente satisfeito co balance que fai destes dous meses no mercado marítimo.

Un servizo “boutique”

A finalidade do seu traballo semella infinita xa que toca moitos ámbitos, dende a intermediación nos contratos de fletamento, de transporte marítimo en xeral, de subministración de combustibles e lubricantes a buques, ata a consignación e manipulación de mercadorías e a estiba e desestiba destas dentro dos buques, pasando pola importación ou exportación de calquera produto ou mercadoría.

A pesar diso, eles afirman ofrecer un servizo “boutique”, dado que permanecen atentos ás necesidades dos seus clientes “as 24 horas dos sete días da semana”, unha labor que implica moito esforzo, pero que din facer con enorme satisfación, pois coidar á xente do mar é a súa máxima preocupación, “coidamos á xente do mar como se merece” din.

Marín, porto de sona internacional

Escolleron Marín -canda Vigo- para o seu arranque, ademáis de pola súa cercanía, porque Marín, contan, “está moi ben visto no mundo marítimo, non so no nacional senón tamén no internacional”, e falan disto si, como porto comercial coa súa enorme capacidade frigorífica, pero sobre todo pola calidade dos seus asteleiros.

“Moitos barcos pasados catro ou cinco anos veñen a Marín para ser revisados, porque saben que as reparación aquí son un seguro” asegura Goicoechea. Ademais din que Marín é un porto en pleno desenvolvemento e que pode evolucionar moito máis.

Por iso din sentirse satisfeitos de que todo o seu traballo acabe repercutindo tamén na vila mariñeira e están encantados de levar a sona de Marín a través da súa presencia en feiras comerciais como a Seafood de Barcelona ou Expomaritt Exposhipping Estambul celebrada en Turquía, na que tamén estivo Antón Sobrino.

Antón Sobrino na feira turca Expomaritt Exposhipping Estambul, está de pé cunha bolsa ao hombreiro, traxe negro e diante do photocall da feira que é de color azul co logo da feira de Estambul.

Antón Sobrino na feira turca Expomaritt Exposhipping Estambul.

Unha empresa en expansión

“O tempo no mar transfórmase en cartos” comenta Goicoechea, “por iso queremos facer que ese tempo esté tamén ben aproveitado e que ninguén sinta que á súa flota lle falte de nada, tanto a bordo como cando chegan a porto”.

Está claro que todos os comezos son duros, pero afirman sentirse respaldados polas autoridades en todo momento nos portos que operan e que en breve serán moitos máis que Vigo e Marín, dado que empezan a ter demanda noutros como Burela, Pobra do Caramiñal ou Ribeira.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss