Márketing, IA aplicado ao posicionamento e Deseño 3D esta semana na rede Smartpeme+

Entre o 23 e o 26 de xuño realizaranse accións presenciais e telemáticas arredor de asuntos que teñen que ver coa capacitación tecnolóxica.
23 de junio de 2025
1 minuto lectura
ciberseguridade,teleformación smartpeme+

Nova semana de obradoiros de formación organizados pola Deputación de Pontevedra. Entre o 23 e o 26 de xuño as acción formativas afondarán en cuestións de grande interese para o tecido empresarial da provincia como o inbound márketing, IA aplicada ao posicionamento en Google ou o deseño 3D.

Impresión en 3D

Este lunes terá lugar o obradoiro telemático «Impresión 3D no 2025, Slices actuais 2/4, accións fundamentais» a partir das 12:00 horas organizado pola oficina de barro. Será impartio por Manuel Tornos, asesor do Centro de Educación e Formación de Barro con máis de 30 anos de experiencia en TIC. As inscricións pódense realizar neste formulario.

Inbound márketing

O martes 24 as 12:00 horas en formato telemático desenrolarase o obradoiro «Inbound márketing» coordinado pola oficina de Pontevedra. Nesta sesión darase a coñecer como acompañar e atraer o cliente ao longo do seu proceso de compra da man de Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual e con ampla experiencia asersorando no ámbito da comunicación e do markéting dixital. As inscricións pódense realizar no seguinte formulario.

Customer Development

O mércores 25 ás 12:00 terá lugar o obradoiro telemático «Customer Development» organizado pola oficina de Lalín. Neste obradoiro, Sabela Álvarez, licenciada en comunicación e formadora acreditada con áis de 10 anos de experiencia en empregabilidade e emprendemento, dará a coñecer esta metodoloxía. As persoas interesadas pódense inscribir no seguinte formulario.

AI overwiews e creación e análise dunha base de datos

O xoves 26 celebrarase o obradoiro telemático «AI overviews: novas regras para clasificar en primeiro lugar en Google«. A sesión correrá a cargo de Esther Garcinuño, licenciada en Administración e Dirección de Empresas. As inscricións pódense realizar no seguinte formulario.

Para rematar a semán o mesmo xoves 26 as 16:30 e de forma presencial terá lugar o obradoiro «Creación e análise dunha base de datos de aloxamentos» na oficina de Cambados. A sesión correrá a cargo de Patricia Cabaleiro, licenciada en Turismo. As inscricións poden realizarse no seguinte formulario.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss