O novo programa conta coa colaboración institucional de distintas administracións. O Concello de Marín asume o custo íntegro dos 600 bonos, mentres que a Xunta de Galicia, a través de Comercio Galego, cofinancia a actividade.
A iniciativa artéllase a través da distribución de 600 bonos desconto de 10 euros. Eles poderán empregarse nos comercios adheridos á campaña, xerando un incentivo directo á compra e un retorno económico inmediato no tecido comercial local.
Pola súa banda, o CCA Estrela de Marín é a entidade responsable da posta en marcha e xestión integral da acción. Serán os encargados do deseño operativo da campaña, do desenvolvemento do sistema de bonos, da coordinación cos establecementos adheridos, do soporte técnico, do control de redención, do seguimento de resultados e das accións de comunicación asociadas.

Venres 13 de febreiro
Será a partir do venres 13 de febreiro cando poderase descargar a cidadanía desde as 08:00 horas e estarán dispoñibles ata o 13 de marzo ou ata esgotar existencias.
Asi, o prazo de adhesión para os comercios xa está aberto, e os establecementos interesados poden realizar o rexistro a través do seguinte enlace:
https://www.estrelademarin.gal/adhesion-bonos-comercio-de-marin/
Con esta medida búscase reforzar a competitividade do comercio local. Para iso, os obxectivos basearanse en atraer nova clientela, incrementar o volume de vendas e visibilizar de forma conxunta a oferta comercial de Marín baixo unha marca común.
Desta maneita, o sistema de bonos quere ser unha ferramenta eficaz de estímulo ao consumo, cun impacto directo e medible na economía local.
A listaxe de establecementos participantes poderá consultarse en:
https://www.comerciodemarin.com/establecementos