Novos obradoiros de márketing, comercio electrónico e redes sociais

Entre o 16 e o 19 de xuño realizaranse accións presenciais e telemáticas arredor de asuntos como o growth márketing, o comercio electrónico, as redes sociais ou o deseño 3D.
16 de junio de 2025
1 minuto lectura
smartpeme+ rede deputación de pontevedra
Imagen hecha con IA

A Deputación de Pontevedra organiza esta semana seis novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións serán telemáticas e presenciais e celebraranse entre éste luns 16 de xuño ata o xoves 19. A temática dos obradoiros vai ser bastante variada e inclúen growth marketing, comercio electrónico, as redes sociais ou o diseño 3D.

Pagos dixitais con Bizum

O luns 16 celebrarase a través de internet o obradoiro «Bizum: a evolución dos pagos dixitais«, a partir das 11:00 horas desenrolado pola oficina Acelera Pyme Rural de Cambados. O obradoiro será imaprtido por José Luis Taboada con máis de 25 anos de experiencia no sector e especialista en sistemas informáticos. As inscricións pódense realizar no seguinte formulario.

Marketing e redes sociais de e-commerce

O martes día 17 de xuño terán lugar dos obradoiros. O primeiro terá lugar as 12:00 horas de modo telemático e terá de título «Pinterest para e-commerce«. Será impartido por Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais e especialista en márketing e dirección comercial. As inscricións pódense realizar no seguinte formulario.

Pola tarde as 17:00 horas celebrarse outro obradoiro telemática de «Grown Márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio«. Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audividual encargarase de levalo a cabo. As inscricións pódense realizar no seguinte formulario.

Base de datos de aloxamentos e deseño en 3D

O mércores 18 as 16:30 horas terá lugar o obradoiro presencial «Creación e análise dunha base de dtaos de aloxamentos» na oficina de Acelera Pyme Rural de Ponteareas. A sesión correrá a cargo de Patricia Cabaleiro, licenciada en turismo. As inscricións poden realizarse no seguinte formulario.

O xoves as 12 horas terá lugar o obradoiro telemático «Deseño 3D online con OnShape 1, xestión documental e primer deseño«. O encargado deste obradoiro será Manuel Tornos, asesor do Centro de Educación e Formación de Barro. As inscricións pódense realizar neste formulario.

Para dar por rematado a semana o xoves realizarase o obradoiro presencial «Crea videos de alto impacto só co teu Smarphone«, ás 17:00 horas organizado pola oficina de Cambados. Será impartido por Lara Taboada, licenciada en Deseño Gráfico e Estudos Artísticos. As inscricións pódense realizar no seguinte formulario.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss