O alumnado de Cociña o que quixo facer un testeo de como van os seus avances nas elaboracións salgadas e doces que practican nas cociñas do Espazo Emprendedor do Parque Azul.

O director do programa, Óscar Rey, trouxo unha pequena mostra destas
elaboracións á Xunta de Goberno Local. O obxectivo, tal e como comunicou o Concello, é o de integrar o traballo destes 20 alumnos e alumnas en futuros ágapes que se fagan no contexto de actos públicos institucionais, servíndolles como unha práctica dentro do propio Concello.
Empanadas de cabaza, soa ou con chourizo; biscoito con noces e pasas, galletas de manteiga e cacao… Foron algunhas das propostas que se puideron probar e que dan boa conta da evolución do alumnado en apenas dous meses de formación.
O Concello lembra que este proxecto é posible grazas á inversión da Xunta de Galicia, que permite desenvolver iniciativas de longo percorrido que permitan a inserción real e efectiva de persoas en situación de desmprego no mercado laboral actual, formándoas en novas áreas e axudándoas a desenvolver novas aptitudes.