O Concello inicia o camiño administrativo para contratar a limpeza das praias

Tamén está en proceso de execución a obra de mellora do Vial de Praias, tanto para o tránsito peonil como para a renovación do carril bici.
2 de marzo de 2026
1 minuto lectura
recollida de pellets en marín sostenibilidad playas recogida de desperdicios playa Portocelo

A Xunta de Goberno Local iniciou a tramitación de ambos expedientes, para poder preparar os pregos de contratación e sacar de novos as licitacións, de tal forma que a adxudicación se faga con tempo suficiente
para ter en marcha ambos servizos antes do verán.

Vial de Praias peonil e carril bici

Por outro lado, está en proceso de execución a obra de mellora do Vial de Praias, tanto para o tránsito peonil como para a renovación do carril bici, que se atopaba moi deteriorado. Os traballos céntranse nestes momentos na zona entre o inicio do Vial e a praia de Portocelo, pero tamén engloban toda a Rúa do Forte e a súa conexión co corredor litoral, chegando ata o Centro de Intepretación de Petróglifos de Mogor.

Vía ciclista., Sendero a las Playas en construcción. Rúa do Forte.
Vía ciclista., Sendero a las Playas en construcción. Rúa do Forte.

Cando a obra remate, suporá que Marín contará cun itinerario peonil e ciclista seguro e ininterrumpido desde Cantodarea, na fronteira co termo municipal de Pontevedra, ata Mogor.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss