O Concello prorroga un ano máis o contrato de limpeza de edificios municipais a Limpiezas Faro

Esta prórroga está recollida nos pregos, despois de catro anos restando o servizo de forma satisfactoria. Ten que ser o Pleno o órgano que aprobe dita ampliación.
13 de febrero de 2026
1 minuto lectura
El Concello pide que el sector de hostelería respete las órdenes de limpieza. Foto: Concello de Marín.
El Concello pide que el sector de hostelería respete las órdenes de limpieza. Foto: Concello de Marín.

O Pleno da Corporación aprobou a prórroga dun ano o contrato do servizo de limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello de Marín á empresa Limpiezas Faro, por un importe de 695.508€, IVE incluido. Tal e como explica a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, “o contrato comezou en abril de 2022 e tiña unha duración de 4 anos, coa posibilidade dunha prórroga por outro ano máis, como viña recollido nos pregos”.

Hixiene municipal

Trátase dun servizo de utilidade pública para garantir o correcto estado de limpeza e hixiene das instalacións de uso municipal, e “neste tempo de prestación do servizo non houbo deficiencias nin problemáticas, co cal propoñemos esta prórroga para que a empresa poida continuar co contrato un ano máis”, detallou a edil.

Entran neste contrato o Concello, todas as instalacións deportivas, Servizos Sociais, Biblioteca, Espazo Emprendedor, Museo, centros educativos, casas de cultura, locais municipais, entre outros. Esta prórroga debe ser acordada expresamente polo órgano de contratación, que pola elevada contía do contrato é o Pleno. Ademais, conta cos informes favorables dos servizos técnicos municipais de Secretaría e Intervención.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss