O Concello solicita 302.500 euros ao Fondo de Cooperación para Cantodarea

O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, explicou que este documento rexerá as condicións urbanísticas que aplicarán nestas zonas, denominadas ZACA, que requiren dun tratamento especial para a súa conservación.
27 de septiembre de 2023
1 minuto lectura
fuente marín

O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, anunciou que se ven de solicitar ao Fondo de Cooperación para as entidades locais a subvención que ofrece este ente para a redacción do Plan Especial de Protección para o casco antigo e para Cantodarea, dúas zonas da nosa vila que, polas súas particularidades, requiren dun especial tratamento a nivel urbanístico para garantir a conservación da súa esencia e do patrimonio.

Tal e como explica Santos, “no PXOM xa se recolle a necesidade de crear este plan especial para estas dúas zonas, co obxectivo de marcar as directrices urbanísticas que permitan desenvolver proxectos nelas”. Xa que, ata o momento, nestes espazos só está permitido conservar e manter o que xa está construído.

Axuda por 302.500 euros

Para poder elaboralo, solicitarase esta axuda por 302.500 euros (IVE incluido). A duración estimada é de dous anos.

A redacción vaise realizando parcela a parcela. O obxectivo final, tal e como indicou o edil, “é poder seguir desenvolvendo urbanísticamente Marín pero sen perder o foco da nosa arquitectura e fisionomía e respectando a tradición urbanística do espazo histórico e dun barrio tan tradicional e mariñeiro como é
Cantodarea”.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss