O diñeiro que xera o galego

No Día das Letras Galegas, a autora do Pazo de Lourizán, Lola Fernández Pazos, relata o significado da lingua galega na súa infancia. "Era a lingua dos segredos familiares, das historias que non debía saber, que me ocultaban, pero tamén significaban as palabras de amor dunha nai, a súa filliña, cieliño, vidiña".
17 de mayo de 2023
1 minuto lectura
invernadero pazo de lourizan

O galego é riqueza. Igual que o é o castelán ou o inglés. Recentemente o Goberno británico destinou neste ano e só para a cadea pública, BBC, un total de 20 millóns de libras para axudar aos 42 Servizos Lingüísticos que alcanzan cada semana a 365 millóns de persoas en todo o mundo. Resulta un patrimonio absolutamente imprescindible e que xera moito diñeiro para o país, de aí a importancia de considerar unha lingua non como un gasto senón como un ben que xera riqueza ao país ou rexión que o fala.

En Galicia, o orzamento para 2023 que destinou a Xunta de Galicia para o ensino foi de 2.793 millóns de euros, segundo a institución, o máis alto da súa historia, pero descoñécese o investimento particular para fomentar o uso da lingua galega. Non obstante, en xaneiro deste exercicio aprobáronse un total de 775.000 euros anuais para apoiar a difusión da lingua nas salas de cine e festivais. Algo é algo.

cartel camelias

A lingua galega na novela

Hoxe, Día das Letras Galegas, aínda a conversión da lingua galega en cifras resulta compricada de realizar por falta de información e datos oficiais. Na novela «El Pazo de Lourizán», o galego supoñía «a lingua dos segredos familiares, das historias que non debía saber, que me ocultaban, pero tamén significaban as palabras de amor dunha nai, a súa filliña, cieliño, vidiña».

xardín botánico de Lourizán galego

No capítulo de «Apellidos Discordantes» citase unha conversación entre Nita e a súa prima Ángela en galego, que foi tan real como a vida mesma e que amosa na seguinte fotografía. Afortunadamente e como se observa en varias imaxes, actualmente todos os carteis de El Pazo de Lourizán xa se atopan en galego.

libro gallego galego
Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss