O GALP Ría de Pontevedra abre a porta a novos proxectos coas axudas do Fondo Europeo Marítimo de 6,9 millóns de euros

A Consellería do Mar publica no DOG as bases reguladoras das subvencións para o ano 2026. As axudas apoian proxectos que xeren emprego, diversifiquen a economía azul, valoricen o patrimonio mariñeiro e fomenten a cohesión territorial.
20 de enero de 2026
2 minutos de lectura
Presidenta y equipo de GALP Ría de Pontevedra.
A presidenta do grupo, María del Carmen Vázquez Nores.

Búscanse proxectos en Marín, Bueu, Poio, Pontevedra, Sanxenxo e Meaño en áreas como a valorización dos produtos pesqueiros e acuícolas, a creación de emprego, o relevo xeracional no sector, a promoción da igualdade de xénero, a diversificación da economía azul, a posta en valor do patrimonio cultural mariñeiro e a protección do medio mariño fronte ao cambio climático. Razón: Axudas do Fondo Europeo Marítimo xestionadas por Galp Ría de Pontevedra.

A presidenta do grupo, María del Carmen Vázquez Nores, destacou que esta nova convocatoria representa unha oportunidade para transformar ideas en realidades que impulsen a economía local e reforcen a identidade costeira: “Estamos ante un novo ciclo de investimento que nos permite seguir traballando pola sostibilidade, a cohesión social e a posta en valor do mar como recurso de futuro para a nosa ría”.

O prazo: 16 de febreiro

O prazo para presentar solicitudes finalizan o 16 de Febreiro, un mes a partir do día seguinte á publicación da orde. A Consellería do Mar vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se regulan as axudas destinadas a proxectos que se desenvolvan no marco das estratexias de desenvolvemento local participativo, coñecidas como EDLP, no ámbito dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP).

Laura Nieto, GALP Ría de Pontevedra.
Laura Nieto, GALP Ría de Pontevedra.

Esta nova convocatoria, correspondente ao exercicio orzamentario de 2026, conta cun orzamento total de 6,9 millóns de euros, cofinanciado nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e nun 30 % pola Xunta de Galicia.

Reforzar a gobernanza local

Tamén se busca reforzar a gobernanza local e a implicación activa das comunidades costeiras na xestión dos seus recursos. A nova orde recolle que os proxectos deben estar aliñados cos obxectivos establecidos na estratexia local e contribuír de xeito claro á mellora económica, ambiental e social do territorio.

A intensidade da axuda poderá chegar ao 100 % nos casos de proxectos de interese colectivo ou vinculados á pesca artesanal, mentres que para o resto de iniciativas o financiamento público poderá cubrir ata o 50 % do custo total elixible.

GALP en Restaurante é. Laura Nieto, Directora Gerente GALP Ría de Pontevedra.15-10-2025
Directora Gerente Galp, Laura Nieto, Alcaldesa de Marín, María Ramallo y Marta Villaverde Acuña, conselleira del Mar no Restaurante é.

Empresas, pemes e autónomos

As persoas beneficiarias poderán ser empresas, pemes, autónomos e persoas físicas con actividade económica, así como confrarías, asociacións do sector, entidades sen ánimo de lucro e administracións locais.

A convocatoria tamén permite a presentación conxunta de proxectos por parte de varias entidades, fomentando a cooperación territorial e o impacto compartido. En todos os casos, os proxectos deberán ser viables técnica e economicamente, cumprir coa normativa ambiental e sectorial, e estar localizados dentro do ámbito territorial da EDLP do GALP.

Desde o GALP Ría de Pontevedra, que actúa como entidade colaboradora da Consellería do Mar, ofrécese apoio técnico, asesoramento e acompañamento durante todo o proceso de presentación e avaliación dos proxectos. Con esta convocatoria, o GALP Ría de Pontevedra reafirma o seu compromiso co desenvolvemento sostible do territorio, apostando pola innovación, a participación activa e o respecto polo medio mariño como piares fundamentais dunha economía azul con futuro.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss