O Concello de Marín elevará á Deputación de Pontevedra unha proposta de investimentos con cargo ao Plan +Provincia que permitirá executar actuacións moi demandadas pola veciñanza e dar resposta a necesidades históricas en materia de servizos básicos e infraestruturas viarias.
Renovación integral en Aniñada Entre as actuacións prioritarias atópase a renovación do saneamento e a pavimentación na Rúa Aniñada, cun orzamento total de 169.756,20 euros para a execución do proxecto completo.
Esta intervención contempla a continuación da Rúa da Costa ata o Cruceiro do Vento, nun tramo moi solicitado pola cidadanía debido ao mal estado actual do firme e das redes de servizos. Trátase dun acceso fundamental para a conexión cos centros educativos e dos núcleos de Porteliña, Sete Espadas e Cruceiro do
Vento co casco urbano. Desde o Concello lévase tempo buscando financiamento para poder acometer esta obra.
Nova rede de saneamento
Outra das actuacións incluídas na solicitude é a execución da rede de saneamento e abastecemento en Cadro–Cadrelo, cun investimento global de 354.337,50 euros, que se solicitará en dúas anualidades correspondentes aos anos 2026 e 2027.
Este proxecto complementa a futura obra de creación dunha senda peonil que realizará a Xunta de Galicia na zona. Para poder habilitar esta nova rede será necesario construír unha estación de bombeo que permita salvar a pendente existente no terreo.
A actuación beneficiará directamente a arredor de 15 vivendas, coa posibilidade de ampliar a rede no futuro e seguir mellorando a prestación de servizos básicos
na contorna. Complementación de financiamento para proxectos estratéxicos
O Concello tamén solicitará fondos a través do +Provincia para complementar o financiamento doutros proxectos xa presentados aos Plans Extra da Deputación, considerados estratéxicos para o desenvolvemento local:
● A humanización de Tiro Naval Janer
● A creación dunha senda entre O Pazo–Ardán:
● A renovación da cuberta da Biblioteca Municipal
● A restauración do Palco da Músic
Con esta batería de actuacións, o Concello de Marín reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas, a ampliación dos servizos básicos e a cohesión territorial do municipio, apostando por proxectos que responden a demandas reais da veciñanza e que contribúen a un desenvolvemento equilibrado de todo o termo municipal.