Sesión formativa telemática sobre xestións de ameazas dixitáis

Serán dúas charlas coa que se pechan as sesións sobre ciberdelincuencia, ciberseguridade e Intelixencia Artificial para profesionais das pemes e administracións públicas organizadas pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Grupo de Traballo do Nodo Galego de Ciberseguridade.
1 de mayo de 2025
1 minuto lectura
ameazas dixitáis

A Deputación de Pontevedra pecha este mércores 4 de xuño as accións formativas sobre ciberdelincuencia, ciberseguridade e Intelixencia Artificial dirixidas a profesionais das pemes e das administracións públicas cunha relacionada con ameazas dixitáis. Trátase da última das tres accións previstas no marco do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal en colaboración con Gradiant, empresa adherida a CIBER.gal, e a institución provincial.

🕒 Duración: 1 hora + preguntas
💻 Modo: en líña
📅 Data: 4/6/2025
🕧 Hora: 12:30 h

Sesión sobre Xestión de ameazas dixitais e incidentes

Esta sesión leva o título de “Xestión de Incidentes e Thread Intel mediante servizo xestionado nun SOC/NOCENS+ da Rede Nacional de SOC” e permitirá afondar na xestión de incidentes mediante servizos xestionados nun SOC (Centro de Operacións de Seguridade), onde se monitorea, prevén, detectan, investigan e responden as ameazas cibernéticas.

Tamén se falará de diferentes formas de anticipar ciberincidentes, detectar ameazas reais, xestión de ameazas, comunicar e asesorar aos clientes para facerlles fronte, determinar o alcance real da ameaza, mitigar e remediar o incidente ou crear comités para facerlles fronte. A actividade terá lugar ás 12:30 horas e será totalmente telemática, estando xa habilitado o formulario para asistir á sesión na webinstitucional. 

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss