Stock Marín pecha cun volume de facturación de 125.000 euros

Stock Marín xerou un movemento económico de arredor de 125.000 euros, unha cifra que confirma a capacidade desta campaña para dinamizar o comercio local, atraer público á Alameda e favorecer as compras de proximidade.
3 de agosto de 2026
2 minutos de lectura
Reparto de palomitas en Stock Marín en la Alameda Rosalía de Castro.
Reparto de palomitas en Stock Marín en la Alameda Rosalía de Castro.

O CCA Estrela de Marín fai unha valoración moi positiva da nova edición
do Stock Marín, celebrada este fin de semana na Alameda de Marín, que
se consolida como unha das grandes citas comerciais do verán na vila. Unha vez recibidas as enquisas realizadas aos establecementos participantes, a valoración é moi satisfactoria, xa que a totalidade dos
comercios amosaron a súa satisfacción co volume de facturación acadado
durante os tres días de evento.

Stock Marín xerou un movemento económico de arredor de 125.000 euros, unha cifra que confirma a capacidade desta campaña para dinamizar o comercio local, atraer público á Alameda e favorecer as compras de proximidade.

A alta afluencia de persoas durante toda a fin de semana, especialmente
nos momentos centrais da programación, contribuíu a crear un ambiente
comercial moi positivo e a reforzar o papel do Stock Marín como
escaparate conxunto do tecido comercial da vila.

COM-Pensa

Desde o CCA Estrela de Marín salientan tamén o bo funcionamento das
actividades complementarias programadas nesta edición, que contribuíron
a mellorar a experiencia de compra e a incrementar a participación cidadá.
Un dos grandes atractivos foi a campaña COM-PENSA, impulsada pola
Xunta de Galicia, coa entrega de 1.000 bolsas reutilizables por compras
superiores a 10 euros.

Stock Marín 2026
Stock Marín 2026

A acollida foi extraordinaria, ata o punto de que as bolsas se esgotaron xa durante a xornada do venres, evidenciando o interese das persoas consumidoras por esta iniciativa vinculada ao consumo responsable e ao comercio de proximidade. Tamén tivo unha excelente resposta o reparto de palomitas polas compras, celebrado o sábado pola tarde, no que se entregaron 149 cucuruchos en 127 minutos, converténdose nunha actividade moi ben recibida polo público familiar e contribuíndo a xerar ambiente na Alameda.

Como broche final, o domingo celebrouse o sorteo presencial de 700
euros, que congregou a centos de persoas na Alameda. A gañadora foi
Pilar Vázquez, veciña da vila, por unha compra realizada en Toscana
Store. A gran participación no sorteo confirmou o alto grao de implicación
da clientela e o atractivo desta acción como incentivo á compra no
comercio local.

Gañadora sorteo presencial de Stock Marín.

O CCA Estrela de Marín quere agradecer a implicación dos 21
establecementos participantes, así como a confianza de todas as
persoas que se achegaron ao Stock Marín durante os tres días da
campaña. A asociación traslada tamén o seu agradecemento á Xunta de Galicia polo seu apoio e cofinanciamento, ao Concello de Marín pola súa colaboración, e a todas as persoas, entidades e profesionais que fixeron posible o desenvolvemento desta edición.

Comercio local

Desde Estrela de Marín destacan que “os datos desta edición demostran
que cando o comercio local sae á rúa cunha proposta atractiva,
coordinada e acompañada de accións de dinamización, a resposta da
cidadanía é moi positiva”. Nese sentido, o CCA continuará traballando en
campañas que contribúan a fortalecer o comercio de proximidade,
dinamizar as rúas e poñer en valor o papel dos establecementos locais na
vida económica e social de Marín.

A próxima campaña será a primeiros do mes de setembro, levaremos a cabo a acción de dinamización comercial “A Volta ao Cole Estrela”, que rematará cunha gran festa infantil o venres 11 de setembro en horario de tarde. En vindeiras datas, explicaranse todos os detalles sobre esta campaña.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss