Un total de 278 bonos descargados na campaña de fidalización de Estrella e 235 bonos canxeados e un importe mobilizado en vendas de 16.131 euros é o balance de «Comercio Marín». Ao saldo pendente de canxear, decidiuse que se lle aplicará o disposto nas bases do club de fidelización, polo que terá validez durante 360 días.
Estes datos reflicten unha participación moi significativa, especialmente tendo en conta que era obrigatorio contar cunha tarxeta activa do club de fidelización “Comercio de Marín” para poder acceder aos bonos e que a operativa, era totalmente dixital.

Fluxo de clientes
A campaña contribuíu a incrementar o fluxo de clientes nos establecementos adheridos, fidelizar consumidores, ao esixir a pertenza ao club de fidelización, dinamizar as vendas nun período tradicionalmente máis feble para o comercio local e visibilizar a oferta comercial de Marín, reforzando a importancia de mercar no comercio de proximidade.

O modelo de bono directo, que se carga na tarxeta de fidelización tras verificar o pago, facilitou unha experienc ia áxil e segura tanto para clientes como para comerciantes.A campaña cumpriu o seu obxectivo principal: incentivar o consumo local mediante un incentivo económico directo. A colaboración entre administracións e o centro comercial aberto, demostra ser unha ferramenta eficaz para apoiar o comercio local e o nivel de participación confirma que a cidadanía valora e apoia o comercio local, especialmente cando existen iniciativas que facilitan o acceso a descontos reais.
Primera edición dos bonos
Os resultados avalan a continuidade deste tipo de programas e consolidan a Marín como un referente na promoción do comercio local mediante accións innovadoras e participativas. Hai que ter en conta, que na primeira edición dos bonos activa comercio da Xunta de Galicia, non agotaban tampouco os bonos por completo.

Unha vez analizadas as enquisas recibidas polos comerciantes, destacan a iniciativa e comentan que sería idóneo establecer dous prazos diferenciados para poder descargar os bonos. O primeiro para a xente empadroada na vila, e o segundo (no caso de non esgotarse os bonos) abrir a campaña a calquera persoa interesada na iniciativa.
Os comerciantes, tamén destacaron a opción que se lles facilitou aos clientes máis analóxicos, de aquirir unha tarxeta regalo física polo importe de 30€, como unha boa ferramenta para mitigar a fenda dixital. Por último, destaca que a totalidade dos comerciantes que respostaron á enquisa, estarían dispostos a participar nunha nova edición dos bonos.