«Volta ao Cole Estrela» e 300 euros en tarxetas regalo

A iniciativa combina 300 euros en premios, novas ferramentas de fidelización dixital e unha gran festa familiar o 11 de setembro.
31 de agosto de 2026
1 minuto lectura
Volta ao cole Estrela.
Volta ao cole Estrela.

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín pon en marcha a campaña “Volta ao Cole Estrela”, unha iniciativa destinada a incentivar as compras vinculadas ao regreso ás aulas, fidelizar á clientela e atraer ás familias ao comercio local.

Durante a campaña sortearanse 300 euros en tarxetas regalo entre as persoas que realicen compras nos establecementos asociados e rexistren os seus tickets na App Comercio de Marín.

Como novidade, a aplicación permitirá aos comercios xerar cupóns personalizados vinculados ás compras, de maneira que cada establecemento poderá ofrecer descontos ou vantaxes para futuras adquisicións. O obxectivo é fomentar a recompra e consolidar a App como ferramenta de fidelización do comercio local.

A campaña incorpora tamén unha acción dirixida aos máis pequenos, coa entrega de coloreables de Estrelín, a mascota do CCA, buscando reforzar desde a infancia a vinculación emocional co comercio de proximidade.

O prato forte chegará o venres 11 de setembro, a partir das 16:30 horas, coa Gran Festa da Volta ao Cole.

Photocall con Estrelín

A Alameda Rosalía de Castro acollerá photocall con Estrelín, rocódromo, inchables, obradoiros, ludoteca, pintacaras e unha feira infantil con 12 xogos tradicionais.

A xornada rematará no Parque Eguren cunha Festa Holi. Para participar nas actividades será necesario amosar un ticket de compra dun establecemento asociado, vinculando directamente a dinamización co consumo no comercio local.

A programación complétase con “Escaparates Estrela Dixitais”, unha acción en redes sociais para promocionar os produtos e a variedade da oferta comercial de Marín. A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través de Comercio Galego, conta coa colaboración do Concello de Marín.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss