A Gala do Deporte xa ten os nomes para seu recoñecemento

As persoas e entidades premiadas recibirán a homenaxe que lles corresponde na celebración da Gala do Deporte, da que se comunicará no seu momento a data final de celebración, que virá despois da apertura e inauguración do novo Auditorio de Marín.
23 de enero de 2026
4 minutos de lectura
Reunión do xurado para evaluar as diversas candidaturas.

A Gala do Deporte do 2026 xa ten aos seus gañadores/as. O xurado reuniuse o 21 de xaneiro nunha sesión na que se analizaron todas as candidaturas recibidas para cada unha das categorías de premios.

O xurado estivo composto polos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, o técnico de Deportes, Pablo Outeda; o deportista e coordinador de carreiras, Víctor Riobó; o responsable de dirección deportiva do PeixeGalego, Luis Santiago, e os xornalistas Heriberto Dopazo, Lara Saez, Ángel García Carragal e Julio Santos Pena.

Jurado de la Gala del Deporte de Marín.
Xurado da Gala do Deporte.

Neste sentido, o concelleiro Antonio Traba quixo destacar a “boa resposta por parte da cidadanía e dos clubs á hora de presentar candidatos e candidatas” e recoñeceu que “non é nada doado tomar decisións cando temos tan boas opcións, tantos deportistas con resultados extraordinarios e tan boa canteira”.

O concello comunicará no seu momento a data final de celebración, que virá despois da apertura e inauguración do novo Auditorio de Marín.

campionato galego de remo de mar
Marín recolle cada ano diversidade de competicións deportivas.

Mellor deportista

MASCULINO:
IVÁN GARCÍA MARTÍNEZ (TAEKWONDO MATS)
Polos éxitos acadados durante o 2025, sendo o nº9 do ranking mundial e o 11º no ranking olímpico. Proclamouse Campión de España, Campión de Europa por equipos absoluto e leva ás súas costas catro ouros, entre outros galardóns.

FEMENINA:
ARLET ORTIZ (TAEKWONDO MATS)
Por ser Campioa de España absoluta, bronce no Campión de Europa por equipos, quinta no Mundial Feminino e ostentar o 13º posto no ranking mundial e o 27º no olímpico, así como outras medallas en opens internacionais son só algúns dos seus logros durante o 2025.

Mellor deportista de base

Xian Gutierrez
Xian Gutierrez.

MASCULINO:
XIÁN GUTIÉRREZ DOPAZO (REMO RÍA DE MARÍN)
Polo despunte da súa carreira deportiva no 2025, quedando 1º clasifi cado no Campionato de España de Remo Indoor e no Xuvenil Galego de Remo Olímpico de Longa Distancia, entre outros podios.

FEMENINA:
ÁNGELA BALADO CONDE (TAEKWONDO MATS)
Por deslumbrar nun 2025 redondo na categoría cadete, converténdose en Campioa de Europa, de España e de Galicia na súa categoría, ademáis de conseguir o bronce no Campionato do Mundo.

Mellor deportista Veterana

Pilar Vázquez, deportista.
Pilar Vázquez, deportista.

PILAR VÁZQUEZ BOUZAS (REMO RÍA DE MARÍN)
Por demostrar que a veteranía tamén é sinónimo de éxito, acadando a segunda clasifi cación no individual e a terceira na modalidade mixta no Campionato Galego de Remo Olímpico. Tamén quedou en terceira posición no autonómico de Remo Indoor e na XXXI Copa Primavera.

Mellor adestrador

Emilio Gutiérrez, entrenador.
Emilio Gutiérrez, entrenador.

EMILIO GUTIÉRREZ JALDA (REMO RÍA DE MARÍN)
Polo seu bo facer á fronte dun club que só na tempada 24/25 acadou en varias categorías e competicións seis ouros, seis pratas, nove bronces, dous deportistas convocados pola Selección Galega, unha pola Española Paralímpica e outro pola Española. Unha auténtica fazaña

Mellor Club

Club Deportivo La Peña.
Club Deportivo La Peña.

CD LA PEÑA
Pola súa evolución e dinamización da vida deportiva local, pasando en apenas 12 anos de ser un único equipo a contar con 18, conformados por 212 xogadores e xogadoras e conseguindo no 2025 resultados deportivos históricos no Campionato de España Infantil Feminino, Campionato Galego Infantil Feminino e a Copa Galicia Infantil Masculino.

Mellor Patrocinio

Colegio San Narciso, vista externa.
Colegio San Narciso, vista externa.

SEI SAN NARCISO
Pola súa xenerosidade e aposta polo deporte base, acollendo nas súas instalacións a actividade diaria de diferentes clubes e rubricando convenios cos que, entre outras cousas, favorece a residencia de xogadores en réxime completa, algo indispensable para que Marín poida ser sede de eventos deportivos de calado.

Mellor evento deportivo

Open Villa Marín.
Open Villa Marín.

OPEN ENCE VILLA DE MARÍN DE BOXEO
Por ser un evento referente a nivel europeo que non para de crecer. Na edición do 2025 trouxo a Marín a 700 boxeadores/as, 300 técnicos/as e 150 equipos participantes procedentes de 8 países diferentes, que desputaron case 500 combates.

Presentación dá última edición da Carrera Pinga Pinga. Foto: J.L. Portela.

Premios Especiais

Raquel Carragal Da Costa, deportista, profesora.
Raquel Carragal Da Costa, deportista, profesora.

PREMIO AO DEPORTE CON VALORES:
RAQUEL CARRAGAL DACOSTA
Pola súa empatía e solidariedade. Puso toda a súa capacidade deportiva en favor da visibilidade de enfermidades como a esclerose múltiple, o cancro infantil e outras enfermidades raras. Unha colaboración imprescindible con asociacións como EMMO, Bicos de Papel ou Loita nos seus retos.

Club Peixe Galego.
Club Peixe Galego.

PREMIO Á PROMOCIÓN DO DEPORTE BASE E Á FORMACIÓN:
MARÍN PEIXEGALEGO
Polo incansable labor exercido ao longo dos máis de 30 anos de traxectoria de formación e adestramento. Hoxe é unha das canteiras máis importantes de Galicia, sumando máis de 300 nenos e nenas practicando basket.

Voluntarios Pinga Pinga.
Voluntarios Pinga Pinga.

PREMIO AO VOLUNTARIADO DEPORTIVO:
CARREIRA E ANDAINA PINGA PINGA
Polo compromiso e esforzo desinteresado e totalmente altruísta que fan cada ano no desenvolvemento deste evento deportivo do Club Pinarium. O evento ten lugar en Santomé de Piñeiro e se converteu nunha das probas populares con máis sona do panorama atlético popular galego.

Paula García.
Paula García.

PREMIO Á INCLUSIVIDADE:
PAULA GARCÍA VÁZQUEZ (REMO RÍA DE MARÍN)

Por rachar con todos os límites. Segunda clasificación na individual paralímpica do Campionato Galego de Remo Indoor e no PR3 mixto absoluto do autonómico de Remo Olímpico. Ademáis terceira posición no Campionato de España e na Copa Primavera.

Mención Especial

ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA GHARABOTO


ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA GHARABOTO
Polo seu traballo incansable na recuperación, mantemento e reactivación dos xogos populares. Son parte do patrimonio inmaterial galego e que están achegando aos máis pequenos para que non se perda a súa práctica e coñecemento.

Sara Martinez

Sara Martinez

✍Directora de Opinión y Política en Diario Marín
🎓 Licenciada en CC de la Información en CEU San Pablo Cardenal Herrera
📰 Periodista en Levante-EMV, 📻 Radio Valencia-SER, 🗞 Agencia EFE
📢 Dircom en el Ayuntamiento de Mislata (📍 Valencia)
👩‍🏫 Profesora de Periodismo en la Escuela Superior de Negocios ESNE Valencia
📱Periodista en el Gabinete de Prensa de la Subdelegación de Gobierno de Pontevedra
Colaboradora de opinión en Galicia 24 horas y Mislata News
💻 Comunicación en redes | 📱 Community Manager
🗣 Educomunicadora en el Colexio de Xornalistas de Galicia
🎙 Podcast Desmontando Bulos en Ocionews Radio
✍ Escritora | Autora de La Rima de tus Huellas 🐾

Deja un comentario

Don't Miss