A Campaña Galicia Retorna da Xunta de Galicia chega a Marín, unha estratexia da Secretaría Xeral de Emigración que busca ofrecer servizos de asistencia e axuda ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias.
Trátase dunha oficina móbil que se instalará na Alameda de 09.00 a 14.00 horas onde, preferentemente baixo cita previa, as persoas que se cheguen poderán preguntar dúbidas sobre os trámites administrativos anteriores e posteriores ao retorno; sobre prestacións, subvencións e axudas, asistencia sanitaria, vivenda e formación e orientación laboral e emprego.
A cita previa pode pedirse a través desta ligazón https://emigracion.xunta.gal/actividade/retorna ou chamando ao teléfono 900 102 380.

Extratesia ao retorno
Esta medida permite promover o autoemprego como unha vía viable de retorno aos galegos e galegas do exterior e encádrase na Estratexia Galicia Retorna. Tamén na Estratexia de emprendemento ligado ao territorio, actualmente en período de consultas con todo o sector e dirixida a fixar actividade económica no rural.
De feito, desde a súa posta en marcha no ano 2013, estas achegas permitiron apoiar en arredor de 200 concellos galegos máis de 1.000 proxectos de persoas cunha media de idade de 41 anos e procedentes de máis de 40 países. Entre eles destaca Suíza, Reino Unido, Alemaña, Francia, Arxentina, Cuba, Venezuela, Uruguai e o Brasil. Ademais, no último ano acadaron unha media de 8.000 € por beneficiario.
Por outra banda, estes apoios a persoas retornadas poñen o foco no rural, pois o importe mínimo da achega de 6.000 € amplíase en 3.000 € cando o centro de traballo está situado nun concello rural.
No caso de que a persoa solicitante sexa muller, a contía sobe en 1.000 €. En concreto, destínanse as galegas que regresan á súa terra de orixe, xa fosen nadas na Galicia territorial ou nos seus países de destino, e teñen como fin poder sufragar gastos orixinados pola posta en funcionamento dun negocio.
A convocatoria publicouse esta semana no Diario Oficial de Galicia destinase un crédito inicial de máis dun millón de euros. Con iso permitirá apoiar a posta en marcha duns 150 proxectos con achegas de entre 6.000 e 10.000 euros.