Álvaro Gago expresa su desexo de regresar a Marín coa su próxima película

O ciclo “A Matria de Álvaro Gago”, organizado por Marín de Cine, rexistrou unha asistencia superior á obtida no anterior ciclo dedicado a Chano Piñeiro, celebrado o pasado mes de maio, confirmando o crecente interese que esperta a iniciativa impulsada polo Cineclub Marín organizado pola asociación Marín de Cine.
22 de junio de 2026
1 minuto lectura
Álvaro Gago, na Biblioteca Vidal Pazos de Marín.
Álvaro Gago, na Biblioteca Vidal Pazos de Marín.

Álvaro Gago (Vigo, 1986) concluíu expresando o seu desexo de regresar á vila unha vez rematada a súa próxima longametraxe, Porto Alegre, actualmente en fase de desenvolvemento e financiamento e con previsión de rodaxe para o verán de 2027.

O cineasta reivindicou en Marín o papel das mulleres cineastas, historicamente relegadas a un segundo plano dentro dos relatos oficiais da historia do cinema.

Mulleres cineastas

Durante a conversa citou expresamente á escocesa Margaret Tait, á que sinalou como unha das creadoras fundamentais da súa formación cinematográfica e como exemplo de tantas autoras cuxa contribución artística non sempre recibiu o recoñecemento merecido.

O director explicou ademais algúns dos procesos creativos detrás de Matria, deténdose especialmente no traballo realizado xunto a María Vázquez para construír unha personaxe profundamente arraigada na realidade de moitas mulleres da costa galega.

Outro dos aspectos máis destacados foi a análise da linguaxe cinematográfica da película e do seu ritmo de montaxe, concibido para trasladar ao espectador a presión e a intensidade emocional que acompañan á protagonista ao longo da historia.

Durante a súa conversa cos responsables de Marín de Cine, o cineasta resumiu esta intención cunha frase que foi recibida con grande entusiasmo pola organización: «Invitádeme coa seguinte peli».

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss