Ana Pontón visita Marín este xoves para apoiar a Lucía Santos

A visita terá lugar o xoves 9 de xullo ás 11.00 horas na zona da antiga caseta de turismo. Desde alí, Ana Pontón e Lucía Santos percorrerán o paseo Alcalde Blanco e a Praza de Abastos, onde manterán encontros coa veciñanza e co comercio local.
7 de julio de 2026
1 minuto lectura
Ana Pontón, líder do BNG.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitará Marín este xoves 9 de xullo para participar nun acto de apoio a Lucía Santos, candidata á Alcaldía de cara ás eleccións municipais de 2027. Santos foi elixida por unanimidade na Asemblea Local celebrada o pasado 5 de xuño, dando paso así aoinicio dunha nova etapa política.

A visita comezará ás 11.00 horas na zona da antiga caseta de turismo. Desde alí, Ana Pontón e Lucía Santos realizarán un percorrido polo paseo Alcalde Blanco e pola Praza de Abastos, onde manterán encontros con veciñas, veciños e comerciantes para coñecer de primeira man as súas inquedanzas e trasladarlles as propostas do BNG para o futuro de Marín.

Acompañadas por representantes da organización nacionalista, ambas destacarán a importancia de impulsar un proxecto que responda ás necesidades da vila e contribúa ao seu desenvolvemento socioeconómico.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss