As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, se lle adicará o 8 de Marzo

20 de enero de 2026
1 minuto lectura
Trabajadoras de Ayuda al Hogar.

O Servizo de Axuda no Fogar, que atende ás persoas dependentes que precisan dun apoio sociosanitario diario, é un servizo esencial no que practicamente todas as traballadoras son mulleres e que enfrentan a situacións moi difíciles no desempeño do seu labor.

Por iso, e co obxectivo de visibilizar este traballo e ás súas traballadoras, o Consello Municipal da Muller aprobou na reunión mantida a semana pasada que será este colectivo laboral tremendamente feminizado ao que se lle adique a programación e o acto institucional do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de Marzo.

8Marzo Feminismo Violencia de Género Mujer

De feito, esta efeméride cae en domingo, que será cando se faga o acto no que se lerá a declaración institucional e que prevé contar con testemuñas que nos acheguen a realidade deste traballo, que cumpre un labor imprescindible na nosa sociedade, onde non sempre é posible conciliar os horarios laborais co coidado de seres queridos que precisan de axuda ou onde non sempre se conta cunha rede de apoio da que poder botar man.

Así, traballarase unha programación intensa coa que poñer de novo o foco nos coidados, como xa se fixo un ano no que o colectivo homenaxeado foron as mulleres coidadoras en xeral; pero que desta vez se centra na profesionalización dos mesmos e nas demandas laborais e persoais das traballadoras do sector.

Novas asociacións para o Consello

Por outro lado, durante a reunión do Consello púxose o foco na necesidade de seguir impulsando accións de concienciación arredor do feminismo e da
igualdade ao longo de todo o ano, como ferramentas fundamentais para seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria, coincidindo en que a sensibilización social resulta clave para identificar as desigualdades existentes e traballar na súa eliminación desde todos os ámbitos.

Concello de Marín. Violencia de Género. Feminismo. Igualdad. Mujer. 8 Marzo.
El Concello de Marín cuenta con un lazo donde apuntan las víctimas de violencia de género.

A reunión serviu tamén para reflexionar sobre a importancia de sumar esforzos e ampliar a participación, facendo un chamamento a máis asociacións culturais do municipio que conten cunha vogalía de muller e estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, co fin de que se incorporen ao Consello Municipal da Muller e poidan contribuír activamente á súa actividade e ás accións que se desenvolvan ao longo do ano.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss