Avance no protocolo de seguridade das traballadoras do SAF

Na reunión da mesa de traballo avanzouse sobre os contidos relativos aos obxectivos, sobre as obrigas e as respectivas funcións na prestación do SAF vencelladas coa prevención de riscos laborais, sobre os factores de risco relacionados coa actividade no servizo, e sobre os efectos da violencia sobre a saúde e as medidas de prevención necesarias.
4 de febrero de 2026
1 minuto lectura
Nova reunión para o protocolo de seguridade das traballadoras do SAF.

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) celebrou a terceira xuntanza da mesa de traballo para a elaboración dun protocolo de seguridade para o persoal do Servicio de Axuda no Fogar (SAF), na que as persoas representantes do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) da Xunta de Galicia presentaron unha nova versión revisada da proposta de protocolo.

Os traballos da reunión se desenvolveron en torno a este segundo borrador elaborado polo ISSGA, despois de que todas as organizacións e institucións participantes argumentaran e contextualizaran as súas achegas e os respectivos enfoques sobre a situación da seguridade das traballadoras do SAF.

A reunión contou coa participación de representacións da Inspección de Servizos Sociais da Consellería de Política Social e do ISSGA, da Delegación do Goberno, ademais das representacións das asociacións empresariais do sector (AGESAF e ASADE), das organizacións sindicais máis representativas (CCOO, CIG, CSIF e UGT) e do Colexio Oficial do Traballo Social de Galicia.

Pola banda da FEGAMP participou unha delegación encabezada polo seu presidente, Alberto Varela, acompañado polo vicepresidente primeiro e alcalde de Poio, Ángel Moldes; o vicepresidente segundo e alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e a vicepresidenta executiva e alcaldesa de Betanzos, María Barral.

Trabajadoras de Ayuda al Hogar.
As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, se lle adicará o 8 de Marzo en Marín.

Debate e consenso

Debateuse sobre o borrador do protocolo, avanzando sobre os contidos relativos aos seus obxectivos, e sobre as obrigas e as respectivas funcións na prestación do SAF vencelladas coa prevención de riscos laborais, considerand

Despois de catro horas, os traballos da reunión remataron co tratamento dos efectos da violencia sobre a saúde e as medidas de prevención necesarias.

Ao remate da reunión, o presidente da FEGAMP sinalou que “a pesares da complexidade do asunto e da realidade do SAF, nesta mesa estamos a traballar de xeito construtivo e plural, amosando todas as partes participantes o seu compromiso e colaboración para acadar consensos nos contidos do protocolo e para reclamar os cambios normativos que permitan ao protocolo ser útil nas súas funcións”.

Durante este mes de febreiro terá lugar unha nova reunión para seguir acordando o documento para que conte co maior consenso posible.

Sara Martinez

Sara Martinez

✍Directora de Opinión y Política en Diario Marín
🎓 Licenciada en CC de la Información en CEU San Pablo Cardenal Herrera
📰 Periodista en Levante-EMV, 📻 Radio Valencia-SER, 🗞 Agencia EFE
📢 Dircom en el Ayuntamiento de Mislata (📍 Valencia)
👩‍🏫 Profesora de Periodismo en la Escuela Superior de Negocios ESNE Valencia
📱Periodista en el Gabinete de Prensa de la Subdelegación de Gobierno de Pontevedra
Colaboradora de opinión en Galicia 24 horas y Mislata News
💻 Comunicación en redes | 📱 Community Manager
🗣 Educomunicadora en el Colexio de Xornalistas de Galicia
🎙 Podcast Desmontando Bulos en Ocionews Radio
✍ Escritora | Autora de La Rima de tus Huellas 🐾

Deja un comentario

Don't Miss