Comeza a tempada dos furanchos

A nosa terra dá unha materia prima excelente para comer e beber da casa. Iso ben o saben os pequenos productores dos municipios galegos, que cando venden os seus excedentes, non hai quen se resista a degustalos. E en Marín é unha cultura moi viva.
10 de febrero de 2026
1 minuto lectura
O furancho Chámpalle unha gaseosa xa ten as portas abertas.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou que xa está aberto o prazo para solicitar as licenzas para abrir os furanchos en Marín. Algunhas das iniciativas xa inauguraron a tempada como o Chámpalle unha Gaseosa e o de Víctor. Ambos estarán abertos durante todo este mes.

Na vila, os furanchos poderán abrir desde xa e ata o 30 de xuño, “tendo en conta que cada un non poderá exceder máis de 3 meses aberto para vender os seus excedentes de viño”, recordou Novas.

Ademais, o concelleiro lembra que no caso de que algún aínda teña excedentes pasado o prazo da tempada, poderáselle conceder unha prórroga ata o mes de xullo, pero sen superar en ningún caso os tres meses máximos de apertura total.

No furancho de Victor xa o teñen todo preparado.

Os primeiros

A ordenanza municipal permite servir un máximo de cinco tapas a elixir entre orella/chourizo, tortilla, zorza/raxo, empanada, callos ou costela.

Como todos os anos, aqueles furanchos que queiran abrir deben solicitar a correspondente licenza ao Concello, que será o encargado de darlle luz verde e que así poidan abrir a súa actividade ao público.

E o caso de Chámpalle unha Gaseosa, un furancho que se atopa na zona de Cernello e onde atoparás viño branco da casa e tapas como orella, tortilla, raxo, carne richada, tortilla etc. Tamén xa se atopa aberto o furancho de Víctor no Castro, coas súas ofertas de viño e peixes.

Entre as opcións permitidas atópanse a orella ou o chourizo, a tortilla de patacas, a zorza ou o raxo, a empanada, e finalmente os callos ou a costela. Esta selección busca poñer en valor o produto caseiro e local sen competir directamente co sector da restauración, mantendo o carácter humilde e tradicional que define á cultura do furancho.

Deja un comentario

Don't Miss