Xubilación de Fernando Castro Loira, enterrador nos tres cemiterios de Marín

Francisco Fernando Castro destacou os cambios que se deron nun oficio que non é doado e no que non sempre é sinxelo atopar relevo, pero confía en que as súas ensinanzas e consellos teñan sido ben recibidos polos que quedan.
31 de agosto de 2026
1 minuto lectura

Francisco Fernando Castro Loira, o enterrador que leva exercendo esta profesión nos tres cemiterios de Marín, inicia unha merecidísima xubilación tras 35 anos de exercicio profesional.

A alcaldesa, María Ramallo, reuníuse con el esta mañá para felicitalo por entrar nesta nova etapa vital e sobre todo para agradecerlle enormemente o seu servizo público, sempre exercido con vocación, sensibilidade e moitísimo respecto e compromiso.

Especialmente, Fernando destacou os cambios que se deron nun oficio que non é doado e no que non sempre é sinxelo atopar relevo, pero confía en que as súas ensinanzas e consellos teñan sido ben recibidos polos que quedan. Ademais, destacou na súa profesión por facer un gran esforzo na clasificación de documentación.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss