O Concello reúnese coa Asociación de Veciños Alborada para analizar as demandas da zona

20 de octubre de 2023
1 minuto lectura
veciños alborada

Este colectivo abarca os intereses dos núcleos de Arealonga, Souto do Carragal, Bravos, Casal e A Laxe. O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, estivo reunido coa directiva da Asociación de Veciños Alborada, que congrega á veciñanza dos núcleos de Arealonga, Souto do Carragal, Bravos, Casal e A Laxe.

A súa presidenta, Lupe Malaquías, trasladoulle ao edil todas as necesidades e peticións que ten a oboación da zona, das que Novas tomou despois de velas in situ, “xa que é a forma de poder comprobar cada unha delas e así ir acometéndoas a medida que sexa posible, no caso das de menor índole coa Brigada Municipal, e outras a través dos convenios ou contratos que sexan
precisos”, explicou o concelleiro.

Seguridade viaria

Sobre todo, as melloras solicitadas pola veciñanza para a zona teñen que ver coa seguridade viaria nalgúns tramos, con posibilidade de melloras en estradas, e coa colocación de novo mobiliario público, sobre todo bancos, en zonas tan visitadas como o parque infantil, que ten un entorno privilexiado polas vistas.

Desde o Concello, afirman a enorme importancia que ten reunirse cada certo tempo cos colectivos veciñales para poder coñecer de cerca cales son as necesidades máis claras que teñén os núcleos e poder consensuar con elas un plan de acción realista para ir mellorando.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss