XVI Copa Galicia Internacional de Trampolín

Marín segue acollendo eventos deportivos de referencia, como será o caso desta fin de semana coa celebración da XVI Copa Galicia Internacional de Trampolín e o II Memorial Pablo Hinojar, presentado hoxe por Antonio Traba, secretaria xeral da Federación Galega de Ximnasia, Belén Ferreira, e a directora de Deportes da Deputación de Pontevedra, Xisela Aranda.
6 de marzo de 2026
1 minuto lectura

O evento comezará coa parte competitiva o venres pola tarde e seguirá durante a xornada do sábado completa e o domingo pola mañá coa participación de 230 deportistas procedentes de máis de 20 clubs tanto de España como de Portugal. Esta competicióndestaca por ser a primeira do ano que se celebra en España nesta modalidade.

Trampolín, dobre mini-trump, tumbling

Os asistentes poderán gozar de espectaculares exhibicións nas disciplinas de trampolín, dobre mini-tramp e tumbling. A secretaria xeral da Federación destacou que esta é unha «cita que adoita gustar moito» e puxo en valor o traballo conxunto realizado pola Xunta de Galicia, a
Deputación de Pontevedra e o Concello para facer posible este evento
internacional.

Pola súa banda, a directora de Deportes, Xisela Aranda, subliñou que este
campionato é un exemplo claro de por que Pontevedra é a «provincia do deporte». Aranda fixo fincapé na importancia de honrar o legado de adestradores que «deixan pegada», como é o caso de Pablo Hinojar, cuxo memorial cumpre a súa segunda edición.

Por parte do Concello, Antonio Traba salientou que “as nosas instalacións
deportivas municipais terán sempre as portas abertas para que o deporte, en calquera disciplina, poida medrar, convocar eventos, fomentar a súa visibilidade e crear comunidade en torno a el”.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss