As 5 plataformas da Área Sanitaria (Seixo-Marín, Pontevedra, Cerdedo, Salnés, Sanxenxo) recollen 12.034 sinaturas contra a privatización do aparcadorio do Hospital Gran Montecelo.
Iria Aboi, portavoz da Plataforma Seixo-Marín sinala que “a Xunta quere pagarlle 440.000€ ao ano a unha empresa durante 25 anos, o que suporá un total de 11 millóns de euros públicos”.
Aboi, que acudiu a entrega das sinaturas á sede da Xunta de Galicia en Pontevedra, sinalaba tamén que “a maiores, quere soltarlles 3,5 millóns para comezar e así «garantir a viabilidade da concesión», isto é garantirlle un bo negocio á empresa que a leve.
Reunión co Conselleiro
En total case 15 millóns dos nosos cartos para un servizo que podería ser público”. Por todo isto, a Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e Marín ven tamén de solicitar que lle sexa concedida unha reunión co Conselleiro de Sanidade nun prazo de 15 días para tratar estes e outros temas relativos á xestión dos seus centros de saúde.

Foto: JLPortela
Precariedade no Centro de Saúde de Seixo
A Plataforma Seixo-Marín, xa achegou máis de 4.000 sinaturas ao rexistro da Xunta das 12.034 recollidas polas cinco plataformas da Área Sanitaria: Seixo-Marín, Pontevedra, Cerdedo, Salnés e Sanxenxo.
Quere denunciar asemade a situación na que se atopa o Centro de Saúde de Seixo, onde este outono se conseguiu unha doctora con praza fixa a tempo completo para cubrir a xubilación do Dr. Martín, pero preocupa a inminente marcha de outro facultativo. Todo iso unido a outros problemas cos que tamén se atopan no Centro de Saúde de Marín, como poden ser as longas listas de agarda. Por todo iso a Plataforma anuncia en boca da Aboi “un verán quente de mobilizacións”.
